Deputación de Lugo

Ex xogadores do Barça súmanse á campaña da Deputación en impulso da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Pilar García Porto manterá un encontro cos deportistas, que asinarán no libro oficial da UNESCO co que o organismo provincial está a recadar sinaturas de apoio

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, manterá hoxe ás 18:15, no Balneario de Augas Santas en Pantón, un encontro cos ex xogadores do F.C. Barcelona, Charly Rexach, Quique Costas, Josep María Fusté e “Lobo” Carrasco, que visitan Monforte para celebrar o 10º aniversario da Peña Barcelonista Val de Lemos.

Os deportistas asinarán no libro oficial da UNESCO que o organismo provincial está a mover dentro da súa campaña de busca de apoios entre a cidadanía en impulso da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. A Deputación continúa, deste xeito, coa campaña de recollida de sinaturas, na que levan participado máis de 6.000 persoas.