Deputación de Lugo

Garantido o cheo total na Gala Lvcvs Moda 2014

Imaxe deputación de lugo
- Coma é habitual en cada edición, a práctica totalidade das entradas están xa vendidas.Os interesados con facerse con algunha das poucas aínda dispoñibles poden facelo nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes
- Os medios de comunicación que desexen cubrir a Gala deberán acreditarse, entre hoxe e mañá, chamando ós teléfonos 982 260 104/982 260 053, ou enviando un correo a gabinetecomunicacion@deputacionlugo.com

A Gala Lvcvs Moda mantén intacto o seu poder de convocatoria. Ó igual que en anteriores ocasións, as entradas dispoñibles para a 5ª edición da cita anual co deseño e a moda lucense están practicamente esgotadas, malia terse posto á venda o pasado 30 de abril, data na que se presentou o evento. O éxito é espectacular, tendo en conta a festividade do pasado día 1 de maio e o domingo, días nos que os establecementos nos que están á venda permaneceron pechados.

Os interesados en asistir ó evento que se celebrará o vindeiro día 7 de maio, ás 21:00 horas, no Museo Interactivo da Historia de Lugo-MIHL, poden facerse con algunha das apenas dúas ducias de entradas que aínda están dispoñibles, ó prezo habitual de 20 euros, nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes no evento. Hai que lembrar o carácter benéfico desta cita, xa que os cartos recadados destinaranse ó Fogar do Transeúnte de Lugo.

A Gala, que nesta ocasión terá de presentadora á popular actriz Isabel Blanco –herdeira nestas funcións de María Castro en 2010 e 2011; Liborio García en 2012, e Camila Bossa o pasado ano-, conta coa participación directa de máis de 100 profesionais, entre os que se atopan 7 deseñadores, 18 firmas de artesanía de toda a provincia e 14 peluquerías, algunhas das cales debutan este ano.

Debutantes na Gala
É o caso das deseñadoras Teresa Pardo, de Mariola Lulú, que dará a coñecer as súas creacións atemporais, de estética naïf e cunha absoluta importancia da cor; e de Purificación Godoy, de María Tacón, que presentará modelos cos que evoca o pasado sen ningún tipo de nostalxia, con liñas, volumes e texturas atemporais.

Tamén hai artesáns que participan por vez primeira e outros que, se ben son veteráns, nesta ocasión estréanse en solitario. Son Azaia; Carmen Fieiras; Carmen López ou Beatriz Valín. Finalmente, Avalon; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva e Vanessa Martínez Estilistas son as peluquerías que debutan este ano. Todas elas forman parte da Asociación Pelirroja, organizadora da Gala.

Participantes veteráns
O resto dos creadores que darán a coñecer as súas creacións son habituais desta Gala Lvcvs Moda, algúns dos cales leva participando initerrompidamente dende a primeira edición ou ben regresan a esta pasarela. Este último é o caso do deseñador Manuel Bolaño, que volve presentando prendas que son bloques de cor e xeometrías, combinando tons escuros e outros máis chamativos coma os laranxas e os rosas.

Veteráns nesta pasarela son Luis Areñas para Manuela López, que nesta ocasión lánzase ó deseño de calzado, con altos zapatos de tacón realizados en vinilo como complemento ás súas prendas cheas de fantasía, realizadas en magníficos tecidos; Inés Penelas, coa súa firma Inpe-Abrigo Verde-SCQ, que presentará prendas realizadas en pel con fantásticos e arriscados deseños; Montse Arias e os seus deseños inspirados na muller galega nunha colección rústica e alegre, e Tina Cortón, cada vez máis preto da creación artesanal, con bordados e tintes feitos a man.

25 colaboradores
Coma xa vén sendo habitual, tamén moitas firmas quixeron colaborar desinteresadamente con este Gala,  que se ten revelado como un inmellorable escaparate para dar a coñecer o bo facer destes negocios de toda a provincia, que seguen sumándose á cita.

As 25 firmas colaboradoras nesta ocasión son: Adamascada Personal Shopper, Begano (Coca Cola); Cátering Central II; Deportes Marathon; Dick&Paul; Estrella Galicia; Estudios Abrigueiro; Hasta en un iglú; Hotel Méndez Núñez; IES Muralla Romana; M&N para Joyería Senén; Kubika; La postrería de Noe; Lolita Blu; Messalina; Modesto SantaEularia; Pastelería El Abuelo; Porta Castelli; Ramón rebolo; Restaurante España; Romago Spain; Secretos de Galicia; Torques; Zapatería Cuplé e Zapatería Zhoe.

NOTA IMPORTANTE: Os compañeiros de prensa deberán acreditarse, entre hoxe e mañá, 6 de maio, chamando ós teléfonos 982 260 104/ 982 260 053 ou enviando un correo a gabinetecomunicacion@deputacionlugo.com

PUNTOS DE VENDA DE ENTRADAS:
Inpe-Abrigo Verde-SCQ
R/ Miguel de Cervantes, 12. Lugo
982 805 011
Luis Areñas para Manuela López
Galerías Praza Maior/ Campo Castelo, baixo. Lugo
982 221 102
María Tacón
R/ Castelao, 59-entrechán 2. Lugo
982 231 893
Montse Arias
Rúa San Froilán, 44. Lugo
982 241 820
Tina Cortón
R/Xoán Montes, 3-1º D. Lugo
982 251 986
Attelier
R/ Concepción Arenal, 18. Lugo
982 227 854
Avalon Peluqueros
R/ Santo Grial, 11. Lugo
982 203 634
Eduardo Souto
R/Alexandre Bóveda, 16. Lugo
982 231 423
Marta Campo Peluquería
R/ Río Sil, 9- Baixo. Lugo
982 254 922
Meyva
R/ Galicia, 51. Lugo
982 252 607
Miriam Souto
R/ Camiño Real, 148. Lugo
982 200 345
Mohama
Praza do Rei, 17, baixo. Lugo
982 808 227
O Baúl da Beleza
Avda. de Vilalba, 2- Rábade. Lugo
982 391 093
Vanessa Martínez Estilistas
R/ Portugal, 61-entrechán. Lugo
982 201 753