A Deputación remata as melloras nas comunicacións da Terra Chá coa A-8, dotadas de 1 millón de euros
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_10416_1.jpg)
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, supervisaron este mércores as obras de mellora que vén de rematar o organismo provincia na LU-P-0102, de Carrizal a Moncelos, en dito municipio chairego. Son traballos enmarcados no Plan de Obras e Servizos, dotados de 1 millóns de euros, financiados na súa totalidade polo organismo provincial logo de que o Goberno Central suprimise, por primeira vez na historia, a achega estatal a esta programación. Gómez Besteiro remarcou que con estas actuacións melloramos as comunicacións da Terra Cha coa A-8, incrementando a seguridade do enlace con esta autovía. Iglesias Sierra destacou que estas obras eran unhas das máis demandadas polos veciños, posto que se trata dunha vía moi transitada ó unir os Concellos da zona.
O organismo provincial responde ás demandas veciñais logo das promesas incumpridas do anterior Goberno Provincial do PP, que se comprometeu a executar estas actuacións, enmarcándoas no coñecido como o plan dos 50 millóns de euros e que nunca o levou a cabo, posto que non contaba nin con terreos nin orzamento, explicou o Presidente. Pola contra, o actual Executivo lugués realizou as expropiacións legais necesarias, adquirindo uns 43.930 metros cadrados con 183.000 euros. A esta cantidade engádense os 800.000 euros das obras, supoñendo 1 millóns de euros da Deputación.
As actuacións consistiron no arranxo de 4 quilómetros desta estrada, dende o punto quilométrico 0,000 ó 4,000, nos que se levaron a cabo os seguintes traballos: mellora do trazado con aglomerado en quente; incremento do ancho da calzada, pasando dos 4 metros ós 8 metros; e instalación de ollos de gatos, así como de sinais horizontais e verticais.
Outras dotacións
O Presidente e o Alcalde tamén supervisaron as obras levadas a cabo na parroquia de San Martín de Corbelle, dotadas de 30.000 euros do POS, financiados ó 50% por Deputación e Concello tras os recortes do Goberno Central a este Plan. Estas actuacións permitiron crear unha pista deportiva, así como acondicionar os accesos ó campo da festa. Gómez Besteiro e Iglesias Sierra mantiveron un encontro cos veciños, no local social desta localidade.