Deputación de Lugo

Novo castigo do Goberno central aos lucenses: outros 53 millóns menos para emprego, servizos sociais ou infraestruturas

Imaxe deputación de lugo
- Martínez subliña que “os lucenses perderon uns 400 millóns dende que goberna o PP” - Co recorte en 30 millóns de euros para desempregados da provincia “o Partido Popular conseguirá elevar a 14.000 os parados lucenses que non cobren prestación algunha” - Menos fondos para pensións, servizos sociais, becas, agricultura, gandeiría ou infraestruturas; “queda demostrada a nula influencia de Feijóo e Barreiro en Madrid”

“Novo castigo do Goberno central e do Partido Popular aos lucenses: outros 53 millóns de euros menos para emprego, servizos sociais ou infraestruturas”. Así valorou o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, o novo orzamento do Estado para Lugo, que pasou dos 160 millóns deste ano aos 107 para 2015.

“Os lucenses perderon máis de 400 millóns de euros de fondos estais dende que o PP está no Goberno Central. Entre os anos 2008 e 2011, cun goberno socialista, a provincia recibía unha media de 258 millóns de euros anuais do Estado. O Partido Popular recortou estes fondos en máis de 100 millóns de euros ao ano, e leva case 4 gobernando en España”, subliñou o voceiro.

“Menos fondos para emprego no 2015. O Partido Popular recorta en 30 millóns de euros a partida para protexer aos desempregados da provincia. Con isto, o PP conseguirá que máis de 2.000 parados lucenses deixen de recibir prestación económica alguna o vindeiro ano, elevando a 14.000 os parados lucenses que non a reciben”, remarcou.

“Menos fondos para pensións. Os case 120.000 pensionistas lucenses, cunha pensión media de 650 euros que xa é a máis baixa de España, non quedan excluídos dos recortes do PP. Só recibirán o mínimo fixado, cunha suba do 0,25% que nin tan sequera son 2 euros ao mes. Menos fondos para servizos sociais. A partida para a dependencia continúa no conxelador logo do desmantelamento da lei que fixo o PP”.

“Menos fondos para educación, con recortes de ata 300 euros por beca. Menos fondos para agricultura e gandeiría, con recortes de 8 millóns de euros, con respecto ao ano pasado, do Ministerio para o sector piar da economía lucense”.

“Menos fondos para infraesturutas. Lugo volta a quedar sen AVE, sen a estación intermodal, sen a autovía a Ourense, sen a autovía entre Monforte e Chantada ou sen o corredor de Barreiros a San Cibrao”.

“O orzamento do Estado para 2015 é un novo castigo do Partido Popular aos lucenses, unha nova mostra da discriminación que sofre a provincia cos Gobernos do PP, e da nula influencia de Feijóo e Barreiro no Executivo estatal”, concluíu.