Deputación de Lugo

Lugoteando na área recreativa guitiricense Sete Muíños

Guitiriz recibiu de novo este sábado ás actividades gratuítas, lúdico-deportivas e para todos os públicos do Lugoteando da Deputación, na área recreativa Sete Muíños. Fíxoo tras o éxito de participación nesta vila chairega o pasado 29 de agosto, que desbordou calquera tipo de previsión, e logo doutra xornada, o pasado sábado 13 de setembro, que reuniu a ducias de persoas que non puideron divertirse con estas actividades na anterior convocatoria.


Medio cento de participantes, ó igual que o fixeron as máis de 800 persoas que gozaron destas actividades durante este verán, practicaron paddle-surf, camiñaron sobre a auga en bolas acuáticas ou pasearon en patíns acuáticos.