A DEPUTACIÓN DE LUGO INFORMA:
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
A Deputación de Lugo é a primeira interesada en que se esclareza calquera tipo de dúbida sobre o programa medioambiental Km0.A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo personouse esta mañá na Deputación, acompañada de axentes da Policía Xudicial, porque necesita máis información sobre o programa medioambiental Km0. Para iso, solicitou o acceso e volcado de varios ordenadores nos departamentos de Relacións Institucionais, unidades Km0, Protocolo e Atención ao Cidadán, Gabinete de Comunicación e Contratación.Coma sempre, a Deputación está colaborando totalmente coas autoridades xudiciais e está a entregar toda a documentación que lle están a solicitar.
A Deputación de Lugo é a primeira interesada en que se esclareza calquera tipo de dúbida sobre o programa medioambiental Km0.
A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo personouse esta mañá na Deputación, acompañada de axentes da Policía Xudicial, porque necesita máis información sobre o programa medioambiental Km0. Para iso, solicitou o acceso e volcado de varios ordenadores nos departamentos de Relacións Institucionais, unidades Km0, Protocolo e Atención ao Cidadán, Gabinete de Comunicación e Contratación.
Coma sempre, a Deputación está colaborando totalmente coas autoridades xudiciais e está a entregar toda a documentación que lle están a solicitar.