Deputación de Lugo

Máis de 60 operarios e 40 máquinas da Deputación despexan estradas na Montaña e Zona Sur

O dispositivo da institución actúa neste intre en 15 Concellos, onde hai 35 vías provinciais polas que se circula con dificultade e polas que se recomenda o uso de cadeas

Máis de 60 operarios e 40 máquinas da Deputación despexan estradas na Montaña e Zona Sur con 20 centímetros de neve. Son vías de 15 Concellos lugueses: Baleira, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Taboada e Triacastela. 

As 35 vías polas que neste intre se circula con dificultades, sendo necesario o uso de cadeas, e onde actúa o dispositivo do organismo provincial, son as seguintes:

  • Baleira, LU-P-0401 de Corveira por Corneas ao Restelo.
  • Folgoso do Courel, LU-P-1303 de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-4505 de Poio por Louzarela a Teixeira; e LU-P-5004 de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín.
  • En Cervantes: LU-P 1401 de LU-723 por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P- 1404 de San Román a Quindós; LU-P- 1405 de Campa da Braña a Tres Obispos; LU-P-1411 de Vilanova ao Portelo; e LU-P-1412 de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos.
  • A Fonsagrada, LU-P-1906 de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos; e LU-P-3601 de Acebo a Negueira de Muñiz.
  • O Incio, LU-P-2505 de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón; e LU-P-1306 de Megoxe a Herrería do Incio.
  •  Navia de Suarna, LU-P-3501 de Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502 de Muñís a Rao; e LU-P-3508 de Rao por Murias a Balouta.
  •  Negueira de Muñiz,  LU-P-3601 de Acebo a Negueira de Muñiz; e LU-P-3602 do Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias.
  • As Nogais, LU-P-3701 das Nogais por Pintinidoira á LU-P-4504; e LU-P 4503 de San Pedro por Busnullán e Vilasol a Nullán.
  • Pedrafita do Cebreiro, LU-P-4504 de Pedrafita ao Portelo; LU-P-4503 de San Pedro por Busnullán a Nullán; e a LU-P-4505 de Louzarela por Queixadoiro a Filloval.
  •  A Pobra do Brollón, LU-P-4701 da Pobra do Brollón por Parada dos Montes a Folgoso do Courel; e LU-P-4707 da Pobra do Brollón por Saa a Casela.
  • Quiroga, LU-P-5001 de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004 de Cruz de Outeiro por Seara e Ferramulín ao límite provincial.
  • Ribas de Sil, LU-P-5301 de San Clodio ao alto da Cruz da Moa.
  • Samos, LU-P-5603 de Aira Padrón por Ponte de Louzar a Praducelo; LU-P-5601 de Samos a Courel e Rampa Sta. Mariña; LU-P-1306 de Megoxe a Herrería do Incio; e  LU-P 5605 de Parada por Santalla a Ponte Louzara.
  • Taboada, LU-P- 6001 de Taboada por Ada á LU-213.
  • Triacastela, LU-P-3702 das Nogais por Nullán a Lamas; e LU-P-6201 de Triacastela por Alto da Albela a Guilfrei.