Deputación de Lugo

A Deputación achega máis de 50.000 euros en Friol para novas infraestruturas e servizos públicos

- As actuacións financiadas son o acondicionamento de camiños, con 26.500 euros, a instalacións de depósitos de auga, con 12.000 euros, e a recuperación de terreos baldíos, con 14.000 euros - Santos Ramos informou que “a mellora dos camiños, que responden ás peticións dos veciños, consisten na reparación e acondicionamento de pistas rurais, que dan servizo a máis de 100 veciños e 10 explotacións gandeiras” - Grazas á liña de recuperación de terreos abandonados, co que a Deputación ofrece axudas para a posta en produción da terra, recuperáronse mais de 280.000 m2 de terreos baldíos

O Deputado de Cooperación e Asistencias aos Concellos, Álvaro Santos Ramos, supervisou este venres o resultado das obras de acondicionamento e pavimentación dos camiños de Lómbregos e Penaladas, solicitadas polos comuneiros do monte en man común de Carboeiro e por unha agrupación de veciños, respectivamente, e dotadas con 24.000 euros. O Deputado anunciou que o organismo provincial financia outras 3 actuacións incluídas dentro do Plans de posta en valor dos rural e do de recuperación de terras.

Santos Ramos informou que “a mellora destes camiños, que responden ás peticións dos veciños, consisten na reparación e acondicionamento de pistas rurais, que dan servizo a máis de 100 veciños e 10 explotacións gandeiras”. O Deputado valorou que “con estas pequenas obras, que fan un grande servizo, dotamos ao rural de novas infraestruturas e servizos públicos, equiparandoos aos que se se ofrecen nas cidades”.

O organismo provincial financia tamén outras 3 actuacións, todas elas solicitadas por veciños da zona. Estas obras son: a instalación dun deposito de auga para incendios en A Cabana, que conta cunha achega de 12.000 euros; e  o arranxo de camiños en Anafreitas, dotadas con case 2.500 euros. Por outra banda, tanto gandeiros de Seoane, como de Pardellas, sumáronse ás axudas de recuperación do terras, co que se van a pór en produción máis de 280.000m2 de terreos baldíos no Concello e que contaron cunha achega de 14.000 euros.

2,4 millóns de euros
Nos últimos anos, a Deputación investiu máis de 2,4 millóns de euros para dotar ao Concello de Friol de novos servizos públicos. Algunhas destas actuacións son o remate do polígono industrial; arranxos de camiños en Narla, Guldriz, Seixalbo, Monte Redondo ou Buciñas; o acondicionamento con aglomerado en quente da LU-P- 2111 e 2106; a dotación de beirarrúas a Avda. Begonte; a pavimentación da praza Antón Cebreiro así como o alongamento das beirarrúas da Avda. da Coruña, entre outras.