Deputación de Lugo

A 6ª edición do Comercio na Rúa Street Market terá lugar este xoves nas rúas de Lugo

A actividade conta coa participación de 76 establecementos que ofrecerán os seus produtos con grandes descontos

A Deputada de Deseño e Artesanía e Padroa da Fundación TIC, Regina Polín; a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre; e a Presidenta e a Tesoureira da Asociación de Autónomas de Lugo, Nora Real e Marta López, respectivamente, presentaron esta mañá a sexta edición do mercado Comercio na rúa. Street Market, organizado polas autónomas, coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo, para impulsar a actividade comercial na cidade, e que terá lugar o vindeiro xoves día 23 de abril.

A actrividade contará este ano coa participación de 76 establecementos comerciais de todos os sectores, que sacarán ás súas mercadorías á rúa. O Street Market, ou “mercado na rúa”, ofrecerá diferentes descontos nun amplo catálogo de produtos desde téxtil, complementos, calzado ata lencería, xoias ou lentes en ópticas. A cita terá lugar ao longo do día no casco antigo e participarán establecementos que serán identificados por ter diante dos seus locais unha mesa de cor laranxa.
A Deputada de Deseño e Artesanía e Padroa da Fundación TIC, Regina Polín, destacou que “a Fundación TIC contribúe, desde os inicios deste evento de impulso da actividade comercial na cidade, na súa promoción, gravando a actividade nas tendas e nas rúas, e realizando traballos audiovisuais que logo se difunden en diversas canles de televisión, medios de comunicación dixital e nas redes sociais”. O labor do equipo da TIC é froito do convenio que a Fundación mantén coa Asociación de Autónomas de Lugo desde o ano 2011.

Carmen Basadre indicou que se sorprendeu de maneira positiva ao ver que nesta edición hai máis locais que en edicións anteriores chegando case aos 80 e “é unha moi boa noticia que a pesares da situación económica e ao peche de comercios haxa moitos outros que se animen a abrir”. Ademais, a Concelleira animou ós veciños e veciñas a achegarse este xoves a este mercadiño na rúa que xa está consolidado e que ofrecerá grandes descontos.

para difundir o seu labor a través de produtos audiovisuais, e que “está a dar resultados moi positivos tanto na promoción do pequeno comercio como no incremento das posibilidades laborais dos alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son”, subliñou Polín.

En representación da Asociación de Autónomas, Nora Real agradeceu o colaboración das institucións e dos medios de comunicación e informou que o 80% dos novos comercios que abriron durante estes meses se suman a esta iniciativa.
Por outro lado, Marta López anunciou que esta sexta edición do Comercio na Rúa. Street Market, contará coa participación de 76 establecementos comerciais que ofrecerán as súas mercadorías na rúa con horario ininterrumpido de 10.30 a 20.30 horas.

As rúas nas que haberá establecementos participantes son: Armórica, Armañá, rúa da Raíña, Campo Castelo, Doutor Castro, Montero Rios, Bispo Aguirre, Praza da Soidade, Praza Angel Fernández Gómez, Praza Maior, rúa do Progreso, Quiroga Ballesteros, Rúa Nova, Salmón, San Froilán, San Pedro, Santo Domingo, Tenente Coronel Teixeiro e Rúa da Cruz.

Esta iniciativa, que chega a súa sexta edición, celébrase nos meses de abril e setembro coincidindo co remate das tempadas de inverno e verán. O obxectivo é atraer ó centro da cidade a lucenses e visitantes para que coñezan de preto o que ofrece o comercio lucense e animar as vendas cara a campaña de rebaixas.