Deputación de Lugo

A Deputación pon en servizo a estrada de Marco de Álvare ás Rodrigas

- Gómez Besteiro supervisou hoxe as actuacións levadas a cabo polo organismo provincial na estrada LU-P-5501, principal vía de comunicación desta zona da Mariña coa capital da provincia- O Presidente destacou “o esforzo inversor que o organismo provincial fixo polos veciños, que outros prometeron e nunca tiveron intención de facer”- A Deputación investiu máis de 1,6 millóns de euros en mellorar o trazado, acondicionar con dobre capa de aglomerado en quente e instalar sinalización horizontal e vertical nun tramo de 6 quilómetros

O Presidente da Deputación en funcións,José Ramón Gómez Besteiro, xunto ao Deputado en funcións de Economía doCoñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, supervisou asactuacións que o organismo provincial levou a cabo na estrada provincial LU-P-5501,que une as localidades de Marco de Álvare ás Rodrigas, no Concello de Riotorto.

Gómez Besteiro destacou “o esforzoinversor que o organismo provincial fixo polos veciños, que outros prometeron enunca tiveron a intención de facer. Agora teñen unha estrada que dará unservizo fundamental”.

A Deputación investiu máis de 1,6millóns de euros no arranxo desta estrada (1.235.000 euros nas obras e 400.000euros nas expropiación de 200 fincas), que supón a principal vía decomunicación desta zona da Mariña coa capital da provincia, xa que se trata doprincipal acceso á N-640. As actuacións consisten na mellora do trazado grazasá eliminación de curvas; o acondicionamento con dobre capa de aglomerado enquente e sinalización horizontal e vertical. Estasmelloras leváronse a cabo nun tramo de 5,800 quilómetros.

Vellademanda dos veciños

Esta obra era unha vella demanda dosveciños. Logo de anos de enganos do anterior goberno da Deputación, en mans doPartido Popular, que compromoteu estes traballos sen ter nin terreos nincartos. As dificultades continuaron cando o actual goberno provincial tivo queagardar dous anos a que a Xunta de Galicia, tamén en mans do Partido Popular,desbloqueara as expropiacións.