Deputación de Lugo

A REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL E O MUSEO THYSSEN POÑEN EN MARCHA O PROXECTO DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL NOS+OTRAS: EN RED

Imaxe deputación de lugo
O proxecto conta
coa participación de artistas, colectivos de mulleres, e educadoras e
educadores de museos de diferentes países para facer do museo un espazo de
creación e reflexión sobre cuestións  de
xénero e inclusiónEste
proxecto, que nace dando continuidade ao de Olladas de Muller sobre a miña Familia, comeza hoxe en Madrid
coa presentación de todas as artistas participantes, e continuará coa
celebración de obradoiros de arte en diferentes sedes ata maio de 2016,
para despois exhibir o proxecto nunha exposición finalO
Museo Provincial conmemora o 140 aniversario da chegada do tren a Lugo con
actividades como a presentación dun especial da revista O pazo das musas e unha mostra de
xoguetes antigos inspirados neste medio de transporte

Lugo, 23 de setembro de 2015.- A RedeMuseística Provincial e o Museo Thyssen veñen de poñer en marcha un proxectocomún de cooperación internacional, NOS+Otras: En Red, que dá comezo hoxe en Madrid, na sede de dito Museo, e através do que se dá continuidade ao proxecto lucense Olladas de Muller sobre a Miña Familia.

Este proxecto conta coaparticipación de numerosos artistas, colectivos e asociacións de mulleres, asícomo educadoras e educadores de museos de diferentes países, traballando encomún para facer do museo un espazo de creación feminina. A partir de talleresde artistas, como detonantes do proceso creativo,  traballarase para xerar propostas endiferentes formatos que se recollerán nunha exposición final. O obxectivo é ode crear un espazo permanente no que traballar e reflexionar sobre cuestións dexénero, educación en valores, campañas contra o maltrato e programas de diálogointercultural e interrelixioso.

As actividades enmarcadas en Nos+Otras: en Red comezan hoxe en Madridcunha xuntanza na que se presentarán todas as artistas participantes, paraxerar as propostas que son o punto de partida do proceso. Continuarase coa celebración de obradoiros dearte en diferentes sedes ata maio de 2016, para xerar as pezas ou proxectos quese exhibirán nunha exposición final, que porá peche ao proxecto. Ao igual queen Madrid, o próximo día 26 de setembro, celebrarase en Xove unha xuntanza decolectivos de mulleres e de artistas participantes no proxecto, para deseñar osobradoiros. Terá lugar no Museo do Mar.

Participantes de ducias de países

Neste proxecto estáninvolucrados, xunto coa Rede Museística e o Museo Thyssen, numerosos artistasasí como colectivos de mulleres, como son ademais dos madrileños, os galegosACADAR ou COGAMI. Tamén están integrados outros museos como o de Bellas Artes eoutros latinos. Esta listaxe irase ampliando en datas vindeiras. En canto aosartistas que participarán neste proxecto, dende Lugo están Paula Noya, PaulaCabaleiro, Mónica Mura e Mary Pais. Á fronte do proxecto están, realizando as tarefas decoordinación Ana Moreno, xefa da Área de Educación do Museo Thyssen, e EncarnaLago, xerente da Rede Museística Provincial.

Esta non é a primeiracolaboración entre o museo madrileño e a Rede Museística, xa que ambasentidades teñen unha ampla traxectoria previa de colaboración mutua endiferentes foros.

Actividades no Museo para celebrar a chegada do tren a Lugo

Por outra banda, o MuseoProvincial de Lugo acollerá, mañá día 24 de setembro a partires das 20:00horas, a presentación do número 39 da revista O pazo das musas, que nesta ocasión convírtese nun monográficoadicado ao 140 aniversario da chegada do tren a Lugo.

O acto de presentación contarácoas intervencións do historiador Xosé R. Veiga, o xornalista e escritor XesúsFraga, o pintor Xoan Guerreiro e o músico Vadim Yukhnevich, quen ambientará asesión cos sons do tren. O acto está aberto ao público e a asistencia égratuíta.