Deputación de Lugo

TEIJEIRO: “CO TRABALLO DO NOVO GOBERNO, A DEPUTACIÓN TAPOU AS VERGOÑAS QUE DEIXARON O PSOE E O BNG, IMPLICÁNDONOS NO APOIO AOS SERVIZOS SOCIAIS BÁSICOS”

Imaxe deputación de lugo
En resposta á moción do BNG sobre a obriga da Xunta no financiamento dos
servizos sociais; a deputada de Benestar defendeu que “o que fixo este Goberno
foi cumprir co noso deber, incrementamos as axudas ao SAF nun 71,43% e
financiamos ao 100% o servizo de teleasistencia,
mentres que PSOE e BNG incumpriron a normativa” O vicepresidente da Deputación ratificou o
compromiso do PP para que a sanidade pública na provincia continúe a ser
de calidade e lembra que Lugo conta cun dos mellores hospitais de Galicia
e de EspañaArmesto
lémbralle a socialistas e nacionalistas que son “os menos indicados para
dar leccións en materia enerxética cando deixaron 30.000 millóns de euros
de déficit nas tarifas eléctricas”

Lugo, 29 de setembro de 2015.- Adeputada de Benestar, Mari Teijeiro, asegurou esta mañá que “co traballo donovo Goberno, a Deputación tapou as vergoñas que deixaron os seus antecesores,implicándose no apoio aos servizos sociais básicos”. A popular engadiu que “quedaclaro e demostrado con feitos que reforzar os investimentos en benestar eranecesario, era de xustiza e era a nosa obriga e en ningún momento un gasto”.

A Deputada fixo estasdeclaracións durante o debate da moción do BNG para esixir á Xunta de Galiciaque cumpra coa súa obriga de participar nos custes de financiamento de servizossociais. Teijeiro entendeu este iniciativa como un novo intento de eludirresponsabilidades por parte da Deputación lucense. “Cumprimos co noso deber ecoa normativa vixente, algo que os socialistas e nacionalistasincomprensiblemente se negaron a facer ata o punto de non firmar convenios naárea de Benestar e de Traballo”.

A deputada asegura que “entendeque lles poda xerar certo sentimento de complexo ou vergoña non ter feito enoito anos a labor que fixo o Goberno popular nestes meses”. Así, Teijeiroenumerou entre as actuacións da Deputación en materia de benestar o incrementonun 71,43% das axudas destinadas ao Servizo de Axuda no Fogar ou ofinanciamento do 100% dos custes reais do servizos de teleasistenciadomiciliaria e comezar a xerar altas nun servizo totalmente esquecido.

O vicepresidente da Deputación ratifica o compromiso do PP para que asanidade pública na provincia continúe a ser de calidade

No que respecta á moción do grupoprovincial socialista sobre servizos sanitarios na provincia, o vicepresidenteda Deputación, José Antonio García, asegurou que “crear alarma é moi fácil abase de pancartas” mentres puxo en valor o compromiso da Xunta de Galicia enmateria sanitaria con Lugo ao lembrar que a provincia conta cun dos melloreshospitais de Galicia e de España.  OGoberno galego ten investido no Hula máis de 60 millóns de euros. Amais, ogasto en equipamento supera os 25,8 millóns. A Xunta executou as obras elicitou os concursos que permitiron dotar a este hospital de cociña, gardaría,aparcadoiro e mobiliario. Tamén se investiron máis de 1,2 millóns noslaboratorios de Saúde Pública

Segundo o vicepresidente, ainiciativa socialista fáltalle “ao respecto ao razoamento”, neste senso, JoséAntonio García explicou que os datos demostran que “é falso que se estea discriminando a Lugo máisben o contrario. Lugo conta cunha sala de hemodinámica que puxo a funcionar oGoberno do PP e o funcionamento é igual que a sala de Ourense, que puxo enmarcha o Goberno bipartito”.

A maiores, a moción do PSOE faltaá verdade. O vicepresidente indica que os pacientes con patoloxía urolóxica vancontar co mesmo dispositivo de asistencia que ata o de agora. “O único quecambia é a ubicación dos enfermosdentro do hospital, coa pretensión de mellorar a calidade asistencial aoagrupar as especialidades cirúrxicas que podan beneficiarse dunha maiorproximidade entre elas. Non se pechaUroloxía, senón que se crean dúas novas unidades, unha de preingreso e outra unidade de corta estancia media, grazas a estareorganización”, matizou.

En canto ao peche de camas, odeputado popular tamén explicou que o Hula ten a día de hoxe máis de 140 camaslibres nas distintas áreas de hospitalización e o índice de ocupación do centroronda o 74%, “o que garante unha alta capacidade para ingresar a todo aquelpaciente que o precise. A posta en funcionamento das camas estase a realizar dexeito paulatino, conforme se vai recuperando a actividades asistencial traloperíodo vacacional”.

O PSOE e o BNG non están lexitimados para dar leccións en materiaenerxética

En relación á iniciativa do BNGsobre a garantía da enerxía como servizo público, o voceiro do Goberno, CarlosArmesto, lémbralle a socialistas e nacionalistas que son “os menos indicadospara dar leccións en materia enerxética cando deixaron 30.000 millóns de eurosde déficit nas tarifas eléctricas. Con eles, a luz subía en España nada menosque nun 63%”.

Neste ámbito, Armesto puxo envalor as medidas tanto do Goberno central coma do autonómico. Así, enumerou, entre outras, unha necesaria reforma do sector eléctrico que“por fin hoxe podemos dicir que acaba co déficit da tarifa”, ademais dedestinar o Goberno central 260 millóns de euros en programas de incentivos,como son os do vehículo eficiente ou axudas á rehabilitación enerxética deedificación; ao que se lle suma o bono social ou o chamado ticket eléctricosocial da Xunta, dirixido ás familias galegas con menos recursos para reducir ocusto da factura.