Deputación de Lugo

A Escola de Imaxe e Son acolle a Semana do Guión do 3 ao 6 de novembro que estará aberta a todos os interesados

Imaxe deputación de lugo
-Especialistas na materia impartirán masterclass sobre guión de series web, programas de televisión, branded e ficción televisiva dentro do convenio da TIC con CREA e AGAG
-A inscrición será gratuíta e o prazo para apuntarse estará aberto ata a mesma mañá de cada cada clase maxistral na dirección de correo victoria.eis@fundaciontic.org
-Ten entre os seus obxectivos complementar a formación de calidade que imparte a EIS coa experiencia de profesionais en activo adaptada ás demandas do mundo audiovisual

A Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC acollerá do 3 ao 6 de novembro a Semana do Guión destinada especialmente a alumnos, titulados, docentes e técnicos da TIC, aínda que estará aberta á participación de calquera persoa interesada. Especialistas na materia impartirán as clases maxistrais: Guión de Series Web, Guión de Programas de Televisión, Guión no Branded e Guión de Ficción de Televisión.

Esta actividade é posible grazas ao convenio asinado a tres bandas pola Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG) e a Fundación TIC. Ten entre os seus obxectivos complementar a formación de calidade que imparte a EIS coa experiencia de profesionais en activo e adaptada aos novos formatos e demandas reais dun mundo audiovisual en continuo cambio.

victoria.eis@fundaciontic.org indicando nome, teléfono, dirección de correo electrónico e as masterclass ás que lles gustaría asistir. O prazo para poder inscribirse estará aberto ata a mesma mañá do día de celebración de cada actividade formativa. Hai límite de prazas.

O programa da Semana do Guión é o seguinte:
-Martes, 3 de novembro: Guión de Series Web, a cargo de Enrique Lojo.
-Mércores, 4 de novembro: Guión de Programas de Tevisión, a cargo de Ángel Suánzes
-Xoves, 5 de novembro: Guión no Branded, a cargo de Adolfo Ponte
-Venres, 6 de novembro: Guión en Ficción de Televisión, a cargo de Xosé Antón Cascudo