Deputación de Lugo

A Deputación colabora na promoción da II Edición da Feira do Libro de Burela con 3.000 euros

Pilar García Porto remarcou
que “as feiras do libro da nosa provincia xa se converteron nun referente do
sector cultural, por iso seguiremos apostando por este tipo de propostas que
dinamizan as nosas vilas, a nosa lingua e a nosa cultura”

A Deputada de Cultura, Deseñoe Artesanía, Pilar García Porto, participou este sábado na inauguración da IIEdición da Feira do Libro de Burela, coa que colabora o organismoprovincial cunha achega económica de 3.000 euros, e que se celebra dende o día26 ata o 28 deste mes na Praza da Mariña.

García Porto saudou este tipode iniciativas contribúen a dinamizar a actividade cultural dos Concellos daprovincia. “A Deputación participa ademais cun stand no que se poden veras publicacións que realiza o organismo provincial, e tamén contribúe a coñecera historia local de Burela a través da reedición do libro Burela: Apunteshistóricos y Crónica del siglo XX, que se realizou en San Marcos”.

A Deputada remarcou que “asfeiras do libro da nosa provincia xa se converteron nun referente do sectorcultural, por iso seguiremos apostando por este tipo de propostas que dinamizanas nosas vilas, as nosas letras e a nosa cultura”. García Porto lembrou tamén aaposta do organismo provincial para actividades en impulso da nosa cultura etradición, dotadas cunha subvención de 400.0000 euros, para programacións demúsica, baile, teatro, historia, fomento do galego ou promoción do patrimonio.

Programación e Pregón

A praza da Mariña será oescenario desta cita cultural que acollerá diversas actividades comopresentacións de libros, actuacións musicais e debates con escritores. Ohorario de apertura será dende ás 11:30 ata 14:30 horas, e pola tarde dende ás17:30 ata ás 22:00 horas. O pregón desta nova edición correu a cargo daescritora focense Luísa Castro.