Deputación de Lugo

A Deputación impulsa o deporte na provincia colaborando co V Torneo de Pádel Grupo Ditram

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou
na presentación do evento que reunirá na Mariña á elite do pádel, coa participación
de xogadores do World Tour

O Deputado de Deportes,Pablo Rivera Capón, presentou este luns a quinta edición do Torneo de PádelGrupo Ditram, que se celebrará do 1 ao 4 de setembro no Activity Center deBurela, e que reunirá a elite do deporte coa presenza confirmada de reputadosxogadores do World Padel Tour como Borja Ytibarrem, Guga Vázquez, Martín Sánchezou Cristian Gutierrez ‘Sanyito’.

Na presentación do torneotamén participaron o Concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández; opresidente da Fundación Indecum, Marcelino Luna, e o presidente do ClubActivity Center, Ibán García, entre outras autoridades.

Dende a súa posta en marchafai cinco anos, o torneo converteuse nun referente a nivel galego, tanto polonivel dos participantes, como pola expectación e repercusión que xera. Acompetición dividirase nas seguintes categorías: 1ª masculina, 2ª e 3ªmasculina, 1ª feminina, 2ª feminina, 1ª e 2ª mixta e veteranos +40.

Inscricións

Os xogadores interesados en participar nesta quintaedición do evento poderán inscribirse ata o próximo mércores 31 de agosto ás14:00 horas no teléfono 982 581 381 ou na páxina web www.doblered.net. O prezo por persoa é de 18 euros nunha únicacategoría, e 10 euros por cada categoría adicional. O mércores realizarase,ademais, o sorteo de cadros, a partir das 18:00 horas no Activity Center deBurela.