Deputación de Lugo

A rúa Cardeal de Monforte acolle dende este venres e ata o domingo a I Feira Ágora Verde de Produtos Ecolóxicos

Haberá
unha vintena de postos con alimentos moi variados, obradoiros para os nenos e
degustacións de balde para o público asistente

A rúa Cardeal de Monforte vaiacoller dende este venres, 19 de agosto, e ata o domingo, día 21, a primeiraedición da Feira Ágora Verde de Produtos Ecolóxicos Certificados de Galicia. OConcello organiza este evento en colaboración co Consello Regulador deAgricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e coa Deputación Provincial de Lugo.

“Queremos apostar, apoiar edinamizar a actividade dos emprendedores no ámbito da agricultura ecolóxica.Por ese motivo, coa celebración de feiras coma esta damos un paso para poderconseguilo, ademais o evento servirá para potenciar un consumo saudable entre apoboación”, explicou o Alcalde, José Tomé Roca. O mandatario local engadiu taméndurante a presentación que “o que se pretende con esta feira é sacar á rúa epoñer en contacto a operadores, empresas e cidadáns, ó tempo que concienciar dehábitos e consumos saudables”.

Durante a presentación, orexedor estivo acompañado da deputada provincial de Medio Ambiente, Sonsoles LópezIzquierdo, que fixo fincapé en que “actividades coma esta son moi positivaspara poder loitar contra o despoboamento que está vivindo o medio rural”.

Estímase que na Feira ÁgoraVerde vai haber un total de 20 produtores ecolóxicos, boa parte deles dacomarca de Lemos. Os expositores serán moi variados, dende carnes e mel, atacastañas, fariñas e queixos. A inauguración oficial do evento será este venres,19 de agosto, ás 18 horas. Así e todo, os postos estarán abertos dende as 11horas durante as tres xornadas. Os organizadores non teñen prevista unha horade peche posto que dependerá da afluencia de público.

Obradoiros edegustacións

Estáprevisto que durante a feira haxa obradoiros para nenos, entre outrasactividades, os máis pequenos van poder facer xogos tradicionais e debuxos.Doutra banda, o público que se acerque á Feira Ágora Verde vai poder gozar dedegustacións que serán de balde. Será posible probar licores galegos e cóctelesvariados.