Deputación de Lugo

Máis de 20 películas proxectaranse este mércores na Semana Internacional de cine de autor da Deputación

Imaxe deputación de lugo
Todas as cintas que se exhiben na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade e no Pazo de San Marcos, son totalmente gratuítas

Este mércores proxectaranse 21 cintas, entre longas e curtas, pertencentes a Semana Internacional de cine de autor da Deputación, que conta na súa programación, con máis de 100 películas. Os filmes exhibiranse na Biblioteca Municipal; Museo Provincial; MIHL; Vicerreitorado da Universidade; no Pazo de San Marcos e no Auditorio Gustavo Freire.

Dentro da programación do festival figuran, entre outros, un ciclo infantil con películas dedicadas aos máis pequenos; un ciclo exclusivamente con producións galegas; ou o ciclo E para comer...Lugo relacionado co mundo da cociña e a alimentación.

Programación
Auditorio Gustavo Freire
Ás 18:00 horas proxectarase a película nórdica El capitán de Sable y el tesoro de Lama Rama que forma parte do ciclo infantil.
Ás 20:30 horas dentro do ciclo O mellor do ano proxectarase a longametraxe Techo y comida.
Ás 22:45 horas proxectarase Atacada. La teoría del dolor, cinta peruana que compite na Sección oficial.
Museo Interactivo da Historia de Lugo
Ás 18:00 horas dentro do ciclo A muller como protagonista proxectarase o documental Boxing for freedom.
Ás 20:00 horas proxectarase a curtametraxe asturiana Al llau del pozu pertencente ao ciclo Día de Asturias.
Pazo de San Marcos
Ás 18:00 horas proxectaranse as curtametraxes Coristanco Über Alles; Cinema anémico e Fálame do silencio, e a película galega Alpuxarras, pertencentes ao ciclo Cine galego.
Ás 20:00 horas dentro do ciclo 50 Aniversario ASPNAIS proxectaranse as cintas Rodando al destino e Relevos.
Vicerreitorado da Universidade
Ás 19:30 horas proxectaranse as curtametraxes pertencentes ao ciclo As curtas tamén son cine: A los ojos; Agrinoui; Aurora; Broken basket; Coming tho Thermes; El juego del escondite.
Biblioteca Provincial
Ás 20:00 horas proxectarase a película Detrás de la puerta e a curtametraxe Pollo a la mandarina pertencentes o ciclo E para comer...Lugo.

Museo Provincial
Ás 20:00 horas dentro do ciclo Arte de cine proxectaranse as curtametraxes Y rozar contigo e O fuxir do tempo e a película Lolo Rico. La mirada no inventada.