Deputación de Lugo

Prestixiosos arquitectos nacionais participarán en Lugo no pioneiro congreso da Deputación e APEC

- Doutores en arquitectura, catedráticos e ata Premios Nacionais en arquitectura, son só algúns dos profesionais do sector que participarán neste novidosa iniciativa a nivel estatal - Campos Conde subliñou “a necesidade de impulsar o sector da construción, un dos piares económicos da provincia que xera, directamente, uns 9.000 empregos” - Os interesados en participar xa poden inscribirse na páxina www.deputacionlugo.gal. O número de prazas é limitado

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Promoción Económica e Social, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción, Hipólito Trinidad, presentaron este mércores Rexeneración Urbana e Territorial, un pioneiro congreso en España, pois reunirá a reputados arquitectos e catedráticos a nivel estatal, cunha recoñecida traxectoria profesional como, por exemplo, varios Premios Nacionais de Arquitectura. O Congreso terá lugar no Pazo de San Marcos, os días 10 e 11 de xuño. Xa está aberto o prazo de solicitude, con prazas limitadas, en www.deputacionlugo.gal.

Campos Conde subliñou que “esta iniciativa inclúese no convenio de colaboración de Deputación e APEC para impulsar a construción na provincia, un dos máis afectados pola crise económica, que na provincia de Lugo xera uns 9.000 empregos de xeito directo e centos indirectamente. E facémolo, potenciando a rehabilitación eficiente de vivendas, que estable a normativa europea”. Hipólito Trinidad agradeceu a Campos Conde o seu compromiso co sector, “que está a atravesar grandes dificultades e que precisa da colaboración das administracións públicas para poder saír adiante”.

Programación con expertos de renome
O Congreso celebrarase en dúas xornadas, unha o venres, de carácter teórico, e outra o sábado, que será eminentemente práctico.

Venres, 10 de xuño:
10:00-10:15 horas: Presentación oficial do Congreso Rexeneración Urbana e Territorial
10:15-10:50 horas: Ponencia Intervención en Casco Histórico, a cargo do Arquitecto coordinador de proxectos e obras da oficina técnica del Consorcio de Santiago, Ángel Panero Pardo
10:55-11:30 horas: Ponencia Rehabilitación Integral de vivenda unifamiliar en Coeses, a cargo do Arquitecto e Profesor Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Emilio Rodríguez Blanco
12:00-12:35 horas: Ponencia Rehabilitación casa en redonda, a cargo dos Arquitectos e Profesores Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña, Creus e Carrasco arquitectos
12:40-13:15 horas: Ponencia Casa en Paderne de Courel, a cargo do Doutor, arquitecto e Profesor Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña, Carlos Quintáns Eiras
13:15-14:00 horas: Mesa Redonda na que participarán os expertos das anteriores poñencias e que estará moderada polo Arquitecto e Presidente COAG Lugo, Raul J. Veiga
16:30-18:00 horas: Ponencia Arquitectura da vivenda, a cargo do Premio Nacional de Arquitectura, Manuel Gallego Jorreto
18:00-18:30 horas: Descanso
18:30-20:00 horas: Ponencia Arquitectura e realidade, a cargo de Premio Nacional de Arquitectura, Víctor López Cotelo
20:00-20:45 horas: Mesa Redonda na que participarán os expertos das anteriores poñencias e que estará moderado polo Doutor e Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Fernando Agrasar Quiroga

Sábado, 11 de xuño:
08:00 horas: Saída de Lugo cara Santiago de Compostela
09:45-11:15 horas: visita ao Centro Nacional de Referencia en Rehabilitación
12:00-13:30 horas: visita ao Museo das Peregrinacións
13:30 horas: Saída de Santiago de Compostela
15:00 horas: Chegada a Lugo e remate do congreso