Deputación de Lugo

O Goberno inicia con axudas de 1 millón unha nova etapa, na que a “Deputación de Lugo está co Deporte”

- O Executivo da Deputación aprobará mañá en Xuntade Goberno dúas programacións de subvencións, que contemplan anticipos do 80% ecriterios sociais - O Presidente apuntou que “iniciamos unha nova etapa, na que o organismoprovincial baixa ao terreo de xogo para estar con todas as entidades e clubsdeportivos da provincia, apoiar ao deporte base, potenciar a igualdade e aintegración no deporte, premiar o esforzo deportivo ou xerar sinerxías entre oscolectivos”

O Presidente, Darío CamposConde, deu conta este xoves do “inicio dunha nova etapa na institución, na quea Deputación de Lugo está co Deporte”, aprobando mañá na Xunta de Goberno novasaxudas para clubs e entidades deportivas por valor de 1 millón de euros. Osbeneficiados poderán solicitar un adianto das mesmas do 80%. Outra das novidadesé a incorporación de criterios sociais nas bases para a súa concesión.

Campos Conde presentou naPraza de San Marcos dúas programacións de subvencións deportivas. Fíxooacompañado polo Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e representantes doClub Deportivo Burela Fútbol Sala, Emeve, Club Peluquería Mixta de Friol, ProneLugo e Ensino, que agradeceron o “esforzo” do Goberno Provincial. 

“Queremosdarvos conta do inicio dunha nova etapa nesta institución, na que a Deputaciónde Lugo está co Deporte. Unha nova etapa, na que o organismo provincial baixaao terreo de xogo para estar con todas as entidades e clubs deportivos daprovincia; para apoiar ao deporte base; para potenciar a igualdade e aintegración no deporte; para premiar o esforzo deportivo; ou para xerarsinerxías entre os colectivos. Hoxe facémolo de xeito simbólico, compartindoeste improvisado terreo de xogo con representantes de destacados clubsdeportivos da provincia. Mañá mesmo, materializaremos esta nova etapa,aprobando en Xunta de Goberno axudas de case 1 millón de euros”, apuntou oPresidente.

Subvencións de concorrencianon competitiva. Garantidas as do Breogán e CD Lugo

470.000 euros correspondenás subvencións de concorrencia non competitiva. Estas están dirixidas a equiposda provincia que participan en campionatos oficiais federados de Primeira ouSegunda categoría absoluta estatal, e non son sociedades anónimas deportivas. “Estasúltimas serían o CD Lugo e o Breogán, que, por suposto, tamén teñen garantida asúa correspondente axuda económica anual, tal e como recollemos no Orzamento de2016”, destacou.

Os beneficiarios das axudasde concorrencia non competitiva, que por primeira vez poderán solicitar unanticipo do 80%, son os 5 clubs deportivos que hoxe participaron no acto. Sobreos mesmo Campos Conde destacou:

- “O Burela é o único clubde España con equipo masculino e feminino en Primeira División de Fútbol Sala.A súa impecable traxectoria nos últimos anos é un motivo de orgullo para todosos lucenses e, en especial, para os veciños da Mariña”.

- “O Prone tamén conta cunhadilatada historia na máxima categoría do fútbol sala nacional. É unhaentidade recoñecida internacionalmente,que ten unha forte aposta pola canteira, especialmente, na cidade de Lugo”.

- “O Club Peluquería Mixtade Friol é un claro exemplo de integración e igualdade deportiva. É o únicoequipo de fútbol feminino nesta categoría, que, por certo, recentemente, ganoua Copa Deputación de Lugo nesta categoría”.

- “Outro exemplo deigualdade deportiva é o club de baloncesto feminino Ensino. Está moi preto decumprir catro décadas formando a numerosas promocións de xogadoras da provinciae manténdose durante este tempo na elite do deporte”.

- “Finalmente, o Emeve é areferencia do voleibol da provincia, un club que loita a diario para dar acoñecer e potenciar un deporte minoritario, polo que merece, se cabe, maioradmiración”.

Subvencións de concorrenciacompetitiva con criterios sociais

O Executivo da Deputacióntamén aprobará mañá na Xunta de Goberno axudas doutros 500.000 euros, nestecaso, dirixidas a todas as entidades e clubs deportivos da provincia. Trátansedas subvencións de concorrencia competitiva para actividades federadas, eventosdeportivos puntuais ou citas con carácter permanente.

En impulso á igualdade e áintegración; ou en recoñecemento ao esforzo competitivo que apuntaba oPresidente, por primeira vez, se incorporan criterios sociais nas bases destasaxudas económicas.

Por este motivo, valorarase,positivamente, aos equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidadesdiferentes. Tamén a aqueles que sexan de localidades pequenas, de Concellos demenos de 2.000 habitantes, especialmente do rural.

Ademais, puntuarán os resultadosou ascensos deportivos. Outra das novidades desta programación é que aumentamoso importe mínimo da subvención aos 700 euros, pois antes eran 300. O máximo poraxuda é de 4.000 euros.

Por último, o Goberno daDeputación decidiu ofrecer ás entidades e clubs deportivos da provincia quefinalmente resulten beneficiados un anticipo da axuda do 80%.

“En total, como dicía, poñemos en marcha novas axudasdeportivas de 1 millón de euros, iniciando, deste xeito, unha nova etapa nainstitución, na que a Deputación de Lugo está co Deporte da Provincia”,finalizou.