Deputación de Lugo

A Deputación colabora co Festival de Jazz de Ribadeo no que actuarán sete bandas

- García Bermúdez destacou que “a Deputación colabora novamente con esta edición para contribuír a dinamizar a actividade cultural na Mariña lucense” - O organismo provincial achega unha axuda económica de 3.000 para a celebración desta evento - Esta nova edición celebrarase no Auditorio “Hernan Naval”, entre os día 2 e 10 de decembro, os concertos serán ás 20:30 horas

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, o Presidente da Asociación Cultural Jazz Eo, Rafael Monteavaro, xunto a outros promotores, presentaron estes mércores no Concello de Ribadeo a V Edición do Festival Jazz Eo, co que colabora o organismo provincial cunha achega económica de 3.000 euros.

Esta nova edición celebrarase no Auditorio “Hernan Naval”, entre os día 2 e o 10 de decembro, o horario dos concerto serán ás 20:30 horas. Na programación deste ano haberá cinco concertos con sete bandas de jazz e blues, dos cales dous serán gratuítos e tres de pago.

García Bermúdez remarcou que “a Deputación colabora novamente con esta edición para contribuír a dinamizar a actividade cultural na Mariña. Ademais esta nova cita é unha boa oportunidade para promocionar a todos os niveis toda a Comarca e Ribadeo.” Sinalou ademais que estes días os amantes do jazz poderán desfrutar de concertos únicos, como Alejandro Vargas Trio; Prisco & Cherry; Michael Olivera Group; Oier Ponce Trio; En casa del Herrero; Blues Band; Julián Maeso, ou Shirley Davis & The Silverbacks.

Rafael Monteavaro explicou a importancia deste festival, que radica en que é o único de musica de jazz e blus en vivo nesta época do ano. E puntualizou que para Ribadeo é un privilexio ter un cita musical destas características, que esta ao alcance de todos. Por último agradeceu o esforzo e a colaboración das institucións, tanto ao Concello e a Deputación que promoven este proxecto, ademais de todas as entidades colaboradoras da vila.

Farruco Graña explicou que o Concello de Ribadeo aposta novamente pola cultura coa celebración desta V Edición. “Esta cita xa é un referente na provincia, ademais de converterse xa, nun elemento dinamizador socioeconómico da zona. Este festival é un excelente pretexto para visitar A Mariña e Ribadeo, paga a pena visitarnos”, resumiu.

Entrada a 10 euros e Bono de 25 euros
O prezo das entradas diarias é de 10 euros para cada concerto, pero existe un abono para os tres concertos de pago por 25 euros. Estas entradas e abonos xa están á  venda na web www.codetickets.com, e na axencia viaxes Alandrina Tours, na rúa Reinante, 14 de Ribadeo.

Programación
- Venres día 2 decembro; Alejandro Vargas Trio, e Prisco & Cherry. Entrada de balde.
- Sábado 3 de decembro; Michael Olivera Group. Entrada 10 euros
- Martes 6 de decembro;  Oier Ponce Trioe, En casa del Herrero Blues Band. Gratuíto.
- Xoves 8 de decembro;  Julián Maeso. Entrada 10 euros.
- Sábado 10 de decembro; Shirley Davis & The Silverbacks. Entrada 10 euros.