Deputación de Lugo

A Deputación súmase á Hora do Planeta apagando as luces do Pazo de San Marcos

Imaxe deputación de lugo
- O ente provincial  apagará as luces da fachada do Pazo de San Marcos, dende ás 20:30 horas ata ás 21:30 horas, simbolizando o seu compromiso, contra o cambio climático

A Deputación de Lugo súmase unha vez máis á Hora do Planeta, mañá sábado 19 de marzo, e apagará as súas luces da fachada do Pazo de San Marcos, dende as 20:30 horas ás 21:30 horas, simbolizando así o compromiso do ente provincial coa convocatoria realizada polos organismos internacionais e nacionais contra o cambio climático.

Esta campaña está sendo promovida pola organización WWT, Nacións Unidas, por organizacións Nacionais como a FEMP, e a que se adheriron máis de 172 países, mais de 10.000 cidades e 1.300 millóns de edificios emblemáticos o pasado 2015.

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo aproveitou para felicitar aos organizadores por este tipo de iniciativas, e remarcou que a Deputación de Lugo “non pode, nin debe ser allea a este tipo de campañas, xa que son fundamentais para concienciar e sensibilizar na loita contra o cambio climático”. Por último convidou a todos os lucenses a sumarse a esta iniciativa.