Deputación de Lugo

O Presidente recibe en San Marcos a 120 “amigos” de ASPNAIS

- Campos Conde felicitou a este colectivo polo seu aniversario. “Sodes un exemplo a seguir, un exemplo de loita, de superación, de traballo e de dignidade” - Lembrou que un dos piares dos orzamentos da Deputación son as políticas sociais, na que hai destinada unha partida de 11,2 millóns de euros. “Contade sempre con nós” - ASPNAIS conmemora este ano o seu 50º aniversario con visitas a institucións, charlas, exposicións, talleres, conferencias e moitas actividades máis

O Presidente, Darío Campos Conde, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos, ao Presidente de ASPNAIS, José García Reigosa, neste acto estivo acompañado por máis de 120 usuarios desta entidade, así como de coidadores que traballan nesta asociación. A asociación lucense conmemora este ano o seu 50º aniversario con visitas a institucións, charlas, exposicións, talleres, conferencias e moitos actividades máis.

O Presidente felicitou a este colectivo polo seu aniversario “sodes un exemplo a seguir, un exemplo de loita, de superación, de traballo e de dignidade”. Ademais lembrou que dende o ente provincial traballase día a día, para que colectivos como ASPNAIS poidan incrementar as súas actividades. Nese senso, remarcou que un dos piares dos orzamentos da Deputación son as políticas sociais, para as que hai destinada unha partida de 11,2 millóns de euros. “Coñezo de primeira man a importante labor que levades adiante os meus amigos de ASPNAIS. Contade sempre con nós”, dixo.

O Presidente de Aspnais, José García Reigosa, enmarcou esta visita dentro da serie de actividades que esta levando adiante a asociación que preside “o que queremos é que os nosos usuarios coñezan in situ as institucións e os seus representantes públicos, por iso estamos aquí hoxe”. Reigosa agradeceu a boa dispoñibilidade e a receptividade do organismo provincial coas necesidades de Aspnais.

50º aniversario de ASPNAIS
A Deputación mantén unha estreita relación de colaboración con ASPNAIS, pois, xunto ás axudas económicas de case 70.000 euros das pasadas anualidades para contribuír á súa actividade, tamén lle cedeu gratis ás instalacións provinciais do antigo hospital San José. Isto permitirá a este colectivo duplicar as súas prestacións. Hai que ter en conta que, actualmente, ASPNAIS atende a 137 persoas en 22 Concellos da provincia, e dá traballo a 49 persoas.