Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación pon en valor o traballo das mulleres coa Rural Tour, que financia con 40.000 euros

- O Presidente inaugurou a feira de artesanía e produtos autóctonos de 44 mulleres, das que 25 son lucenses, que estará nas Termas ata o 4 de decembro para logo visitar outras cidades galegas
- Campos Conde subliñou que “este é un investimento en prol da igualdade, co que queremos visibilizar o traballo das mulleres do rurais, que cumpren unha triple función: nais e traballadoras do fogar, unha enorme labor social e emprendedoras”
- “As mulleres do rural poñen en marcha os seus propios negocios e sácanlles a máxima rendibilidade, contribuíndo, de xeito notable, á economía familiar e á da provincia. Foron e son unhas heroínas. Merecen todo o noso recoñecemento e apoio”.

O Presidente da Deputación, Darío Campos, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, á Presidente de Fademur, Rosi Arcos, ao Xerente do centro comercial As Termas, Esteban Patiño, e á Presidente de El Progreso, Blanca García, inaugurou este luns Rural Tour. Trátase da feira de artesanía e produtos autóctonos de mulleres galegas, que organiza a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, que financia a Deputación de Lugo con 40.000 euros, e coa que colabora dito grupo de comunicación. Estará nas Termas ata o 4 de decembro e percorrerá as principais cidades galegas. Mostra o traballo de 44 profesionais, das que 25 son lucenses.

Campos Conde subliñou que “este é un investimento en prol da igualdade, co que queremos visibilizar o traballo das mulleres do rurais, que cumpren unha triple función, nada doada, que queremos poñer en valor e que debemos recoñecer. Sempre exerceron de nais e traballadoras do fogar; levaron e seguen a levar a cabo unha enorme labor social, coidando, na maioría dos casos, aos nosos maiores; ao mesmo tempo, que son un exemplo de emprendemento e de aproveitamento das oportunidades económicas do rural, pois poñen en marcha os seus propios negocios e sácanlles a máxima rendibilidade, contribuíndo, de xeito notable, á economía familiar e á da provincia. Foron e son unhas heroínas. Merecen todo o noso recoñecemento e apoio”.

A provincia de Lugo é a primeira parada do Rural Tour, que percorrerá as principais cidades de Galicia. Na feira pódense mercar licores, doces, embutidos ou hortalizas, ademais de atopar postos de cestería, xoiería, bixutería, feltro ou marroquinería.  Dos 44 expositores, 25 son da provincia de Lugo, e o resto de participantes proveñen de diferentes puntos da comunidade autónoma.

O horario da feira é de luns a domingo de 10:00 horas a 22:00 horas, coincidindo co horario de apertura do resto de establecementos do Centro Comercial As Termas.

Participantes
- Carmen Fieiras (Concello de Lugo): Cestería                    
- Adega Avo Roxo (Concello de Meaño, Pontevedra): Viños das Rías baixas                   
- Antoxos (Concello de Leiro, Ourense): Xoiería e metacrilato       
- Adega Rozas (Concello de Meaño, Pontevedra): Viños das Rías baixas             
- Cecilia Carballo  (Concello de Triacastela, Lugo): Tear               
- Adega Diego de Lemos (Concello de Chantada, Lugo): Viños ecolóxicos 
- Idoia Cuesta (Concello de Outeiro de Rei, Lugo): Cestería                       
- Licores Os Maios licores (Concello de Leiro, Ourense): Licores                                      
- Lucecús (Concello de Guitiriz, Lugo): Feltros                    
- Ginabelle (Concello de Tomiño, Pontevedra): Xenebras               
- Lacrimae Mosa (Concello de Oroso, A Coruña): Xoiería e metacrilato    
- Toupiña (Concello de Lalín, Pontevedra): Cervexas                                
- Traxandaina (Concello de Lugo): Traxes tradicionais                 
- Domenicus (Concello de Lugo): Cervexas                                                 
- Tres caracoles (Concello de Lugo): Marroquinería e metacrilato
- Peroja sidra de agar (Concello de A Estrada, Pontevedra): Sidras                                            
- Imavi (Concello de Vilalba, Lugo): Bixutería en arxila polimérica            e metacrilato 
- Aceites Figueiredo (Concello de Ribas do Sil, Lugo): Aceites                                           
- Yan-llan (Concello de Viveiro, Lugo): Bixutería con cunchas e metacrilato       
- Lacteos Conchy (Concello de Friol, Lugo): Queixos e leite                       
- La Aguada (A Coruña): Esmaltes e metacrilato     
- Muuhulloa (Concello da Ulloa, Lugo): Cosméticos de leite           
- Maravalla (Concello de Ribadeo, Lugo): Bixutería de fimo           e metacrilato
- Dona cobiña (Concello de Agolada, Pontevedra): Queixos                                             
- O mestizo (Concello de Lugo): Marroquinería e metacrilato       
- Caurelor (Concello de Quiroga, Lugo): Marmeladas, zumes, siropes e licores               
- Beatriz Soneira (Saniago de Compostela, A Coruña): Encaixes de camariñas                
- Ananos organic berries (Concello de Cotobade, Pontevedra): Marmeladas e zumes     
- Mamá Teresa, doces artesáns (Concello de Arzuá, A Coruña): Chocolates                   
- Sesé Vila (Concello de Monforte de Lemos, Lugo): Cerámica e encaixes              
- Susana Ouro (Concello de Lugo): Produtos da horta                                                      
- Embutidos Suarna (Concello de Navia de Suarna, Lugo): Embutidos                              
- Cárnicas Raposo (Concello de Dumbría, A Coruña): Embutidos                                      
- Porco celta do Barbanza (A Barbanza, A Coruña): Embutidos                                       
- Monte O Carballo  (Concello de Friol, Lugo): Embutidos  
- Casa Gallego (Concello de Lugo): Publicidade sobre a casa rural                      
- Panadería O Agro (Concello do Páramo, Lugo): Pan                                           
- Panadería Nullán (Concello de As Nogais, Lugo): Pan                 
- Concepción Jorge González (Concello de Chantada, Lugo): Mel                                     
- Milhulloa (Concello de Palas de Rei, Lugo): infusións e especias                                    
- Cañitas de la abuela (Concello de Tomiño, Pontevedra): Doces                                      
- A Pequeniña (Concello de Arzúa, A Coruña): Doces                                            

Fademur
A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais é unha organización progresista que loita por alcanzar a igualdade e o progreso das mulleres que viven e traballan no medio rural. Naceu co obxectivo de reforzar o traballo que veñen desenvolvendo as asociacións de mulleres rurais que a integran, coa intención de reivindicar os dereitos fundamentais e influír no deseño de políticas públicas que realmente se axusten ás súas necesidades. Fademur leva a cabo multitude de actividades por toda España para axudar ás mulleres artesás do mundo rural. Desde feiras de artesanía para vender os seus produtos ata cursos de formación e talleres de intercambio de experiencias.