A Deputación convida a mozos, centros educativos e tecido empresarial á 1ª xornada de traballo do LUGOWORK que terá lugar mañá
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
A Deputación de Lugo convida a mozos, centros educativos, USC e tecido empresarial á 1º xornada de traballo do LUGOWORK, que terá lugar mañá, mércores 16 de marzo, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
É a primeira reunión con representantes dos colectivos que integran ao tecido empresarial lugués; das empresas tractoras e gacela da provincia; así como da Universidade e dos Centros de Formación Profesional lucenses, ao abeiro do 1º plan de emprego xuvenil participativa da provincia. Tras esta primeira toma de contacto, haberá novos encontros e mesas sectoriais por todas as comarcas da provincia.
O obxectivo dos mesmos é facer, coxuntamente, unha diagnose das necesidades laborais na provincia para definir as accións formativas do LUGOWORK que contribúan á inserción laboral dun mínimo de 300 mozos lucenses desempregados.
LUGOWORK está dirixido rapaces lucenses de entre 18 a 30 anos que se atopen no paro.
Conta con de 2 millóns de euros, que o organismo provincial foi capaz de captar da Unión Europea, concretamente do Fondo Social Europeo.
Ofrecerá formación gratuíta sobre os nichos no mercado (os que se definirán nos encontros que arrancan mañá) para a súa inserción laboral por conta allea, é dicir, en empresas da provincia, que recibirán axudas de ata 4.200 euros para os custes salariais e de seguridade social dos novos traballadores durante 6 meses; ou a través do autoemprego, fomentando o emprendemento; opción na que os mozos recibirán directamente ata 3.000 euros para poñer en marcha os seus propios negocios.