Deputación de Lugo

A Deputación mellora con 18.000 euros o firme de acceso nas estradas en Seoane do Courel

Imaxe deputación de lugo

A Deputación está realizando obras de mellora nas estradas provinciais LU-P-1301 e LU-P-1303, na súa confluencia á entrada de Seoane do Courel. Durante o transcorrer das obras, que beneficiarán ao milleiro de veciños e veciñas do Concello, as estradas pecharanse parcialmente ao tráfico os días 20, 21 e 22 de febreiro, para arranxar o firme.

Os días nos que de xeito puntual se pechen as estradas, haberá desvíos alternativos perfectamente sinalizados. A LU-P-1301 pecharase só parcialmente e habilitarase un paso para a circulación. O tráfico da estrada LU-P-1303 desviarase a través da LU-P-1304.

Estas obras dan continuidade aos traballos de mellora iniciados nestas vías no mes de decembro, que contan cun orzamento de 18.000 euros.