Deputación de Lugo

A Deputación renova o seu compromiso coas Xornadas Xurídicas de Sarria, que chegan á X edición   

A Deputación colabora cunha axuda de 6.000 euros e tamén mediante a TIC, dando soporte técnico; gravando e difundindo en redes estas xornadas, que terán lugar este venres e sábado 30 de setembro e 1 de outubro

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, e o Vicedecano do Colexio de Avogados de Lugo, Óscar Núñez Torrón de la Torre, presentaron este venres as X Xornadas Xurídicas de Sarria. Terán lugar este venres e sábado 30 de setembro e 1 de outubro. O organismo provincial colabora con esta iniciativa dende a 1ª edición cunha axuda económica de 6.000 euros e tamén mediante a TIC, dando soporte técnico e gravando estas xornadas para a súa documentación e posterior difusión nas redes sociais.

O Presidente destacou que “creo que estas xornadas ben merecen o apoio desta institución, pois ducias de prestixiosos profesionais do mundo xurídico se dan cita en Sarria, convertendo a este Concello lugués, durante uns días, na capital xurídica de España. Recibiremos na provincia a recoñecidos xuristas, que abordarán o dereito a familia, a protección dos menores ou a dos consumidores, entre outros moitas cuestións; así como a centos de persoas, chegadas de distintos puntos do país”.

A Alcaldesa de Sarria agradeceu a colaboración do organismo provincial neste evento e subliñou a importancia deste evento en Sarria, “pois atrae a centos de persoas ao noso Concello”, subliñou. O Vicedecano do Colexio de Avogados de Lugo destacou “a calidade dos poñentes que van intervir nestas xornadas, pois son garantía de éxito”.

Programación
Venres, 30 de setembro
10:00-10:30 horas: Presentación das X Xornadas Xurídicas, a cargo do Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; da Alcaldesa do Concello de Sarria, Pilar López Yáñez; do Coordinador das xornadas e profesor, Carlos Lema Devesa, e o Director, Román García Varela, entre outras autoridades.

11:00 horas: Poñencia inaugural a cargo do Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo; Carlos Lesmes Serrano.

De seguido, terá lugar unha mesa redonda sobre a Xurisdición Voluntaria, na que participaran o maxistrado do Tribunal Constitucional, Juan Antonio Xiol Rios; o Presidente do Consello Xeral do Notariado, José Manuel García Collantes; o letrado da administración de Xustiza  Director de Estudos e Informes do CNLAJ, Ernesto Pedro Casado Rodríguez; e do Profesor de Dereito Mercantil na UVigo, Anxo Tato Plaza.

17:00 horas: Mesa Redonda O Dereito da Familia, na que participarán os Maxistrado da Sala Primeira do Tribunal Supremo, Antonio Salas Carceller e José Antonio Seijas Quintanta; e o Catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña, Domingo Bello Janeiro.

Sábado, 1 de outubro
10:00 horas: Mesa Redonda As cláusulas abusivas e a protección aos consumidores e usuarios, na que participarán o Presidente da Sala Primeira do Tribunal Supremo, Francisco Marín Castán; o Maxistrado da Sala Segunda do Tribunal Supremo, Cándido Conde Pumpido; o Decano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto José Pérez, e o Decano do Colexio de Avogados de Lugo, Felix Mondelo Santos.

12:30 horas: Clausura das xornadas a cargo do Presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría.