Deputación de Lugo

A Deputación patrocina o I Cross Ponte Romana, que se celebrará o 5 de marzo

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este venres a primeira edición do Cross Ponte Romana, que se celebrará o vindeiro día 5 de marzo a partir das 10.30 horas, nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. O organismo provincial patrocina esta cita deportiva que nace co obxectivo de posicionar a Lugo no mapa dos grandes crosses internacionais. Ademais, renderase homenaxe a Manuel Rodríguez 'Palelas', un dos máximos impulsores deste deporte na provincia. O evento terá carácter solidario, pois cada participante doará 1 euro a través da súa inscrición á Asociación Somos Unidos Contra o Cancro. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 2 de marzo a través da web www.championchipnorte.com.