Deputación de Lugo

A Deputación, principal patrocinadora da Semana Internacional de cine de autor, con 35.000€ e colaboración dende a TIC

- García Porto presentou a 38ª edición desta cita a través da que se proxectarán máis de 100 longametraxes dende o 19 ao 24 de setembro na cidade de Lugo - A programación inclúe ciclos en homenaxe á ASPNAIS, ao Gran Teatro, á muller, a Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira pola película El desconocido - O festival está organizado polo Grupo Fonmiñá e tamén conta cunha achega de 18.000 euros do Concello de Lugo, de 3.000 da Xunta de Galicia e 2.000 da USC

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pila García Porto, presentou este luns a 38ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinamatográfico Fonmiñá do 19 ao 24 de setembro. Fíxoo xunto a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, a Xefa do Servizo de Coordinación do área de Cultura da Xunta de Galicia en Lugo, Yolanda Gómez González, o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo da USC, Javier Bueno Lema, o Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz Ramil, e o Director da Semana Internacional de cine de autor, Manuel Curiel Fernández. No acto, o Grupo de Teatro Achádego, que participa na semana internacional de cine, fixo unha pequena representación de creación propia.

O organismo provincial é o máximo patrocinador desta cita, pois colabora cunha achega económica de 35.000€ e a través da TIC, que elaborou un spot promocional e varios vídeos de presentación de cada un dos ciclos que inclúe o festival. Tamén colabora o Concello de Lugo con 18.000 euros, a Xunta de Galicia con 3.000 euros e o Campus de Lugo con 2.000 euros.

A 38ª Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo rende homenaxe a Buster Keaton no 50 Aniversario do seu falecemento, a través do cartel oficial da Semana, así como a reposición dalgunha das súas películas nas distintas salas do Festival.

As cintas foron seleccionadas tras recibir arredor de 1.000 longas e curtas, de 52 países de todo o mundo, das que seleccionaron máis de 100 para esta edición. Dentro da programación do festival, figura un ciclo sobre a discapacidade, como homenaxe á Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo (ASPNAIS), con motivo do seu primeiro cincuentenario e unha dedicatoria especial ao Gran Teatro, A muller protagonista, e a Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira pola película El desconocido.

Nesta edición, a programación conta con: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer...Lugo, A muller protagonista, Como a vida mesma, Arte de cine, Cine Galego, 50 Aniversario ASPNAIS, Día de Asturias, 20 anos sen o Gran Teatro, As curtas tamén son cine.

Todas as películas que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do Coñecemento) e na Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas.

Programación
Gala Inaugural.- O 19 de setembro ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire: Come, Pensamientos de Nil, Tempo.
Ciclo Infantil.- Todas as actividades terán lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 18:00 horas.
- O 19 de setembro: Niko 2
- O 20 de setembro: El niño y la bestia
- O 21 de setembro: El capitán Diente de Sable y el tesoro de Lama Rama
- O 22 de setembro: Aviones de papel
- O 23 de setembro: Meñique y el espejo mágico
- O 24 de setembro: El bandido Cucaracha

O mellor do ano.- Todas as películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.
- O 20 de setembro: Mustang
- O 21 de setembro: Techo y comida
- O 22 de setembro: El Clan
- O 23 de setembro: Dheepan

Sección Oficial.- Todas as películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 22:45 horas.
- O 20 de setembro: Todo saldrá bien
- O 21 de setembro: Atacada. La teoría del dolor
- O 22 de setembro: Culpables
- O 23 de setembro: La Casa Rosada

E para comer...Lugo.- Todas as películas proxectaranse na Biblioteca Municipal ás 20:00 horas.
- O 20 de setembro: Deconstruyendo a Dani García
- O 21 de setembro: Detrás de la puerta
- O 22 de setembro: Dinar familiar, La cena está servida, El marido era fumigador de campos, Come
- O 23 de setembro: Una pastelería en Tokio

A muller protagonista.- Todas as películas proxectaranse no MIHL ás 18:00 horas.
- O 20 de setembro: Soledad descalza
- O 21 de setembro: Boxing for freedom
- O 20 de setembro: En tránsito, Marcas na pel do papel

Como a vida mesma.- Todas as películas proxectaranse no MIHL ás 20:00 horas.
- O 20 de setembro: Kafana (Basta ya), El camino del sol
- O 22 de setembro: Frankenstein 04155

Arte de cine.- Todas as películas proxectaranse no Museo Provincial ás 20:00 horas.
- O 20 de setembro: Detrás del mito, Ashes
- O 21 de setembro: Y rozar contigo, O fuxir do tempo, Lolo Rico. La mirada no inventada
- O 22 de setembro: Arrabal, el genio y la locura, The Raku experience
- O 23 de setembro: El gran museo

Cine Galego.- Todas as películas proxectaranse na Deputación ás 18:00 horas.
- O 20 de setembro: Restart, A liña política, A última moeda, Aldeia Velha, Pingelap
- O 21 de setembro: Coristanco Über Alles, Alpuxarras na Deputación e Cinema anémico, Fálame do silencio na Biblioteca Provincial
- O 22 de setembro: DMUS, Galicia Portobello Road, Nacer en septiembre, O descubrimiento de Américo
- O 23 de setembro: Rancor, Tú eres el camino, Unha muller que pasa/silencio, Unha inspiración

50 Aniversario ASPNAIS.- Todas as películas proxectaranse na Deputación ás 20:00 horas.
- O 20 de setembro: 7 años de nuestra vida, Las alas de Néstor, Un día en el Cruz de Mayo
- O 21 de setembro: Rodando al destino, Relevos
- O 22 de setembro: 13 segundos, Canta conmigo, Mis capacidades
- O 23 de stembro: El lado roto del tiempo, Pensamientos de Nil

Día de Asturias.- O 21 de setembro no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) ás 20:00 horas proxectaranse Fame, Al llau del pozo.

20 anos sen o Gran Teatro.- O 23 de setembro no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) ás 18:00 horas proxectarase La última falla, e ás 20:00 horas Atrapado por su pasado.

As curtas tamén son Cine.- Todas as curtametraxes proxectaranse no Vicerreitorado da Universidade (Casa do Coñecemento) ás 19:30 horas.
- O 20 de setembro: Pasapalabra, Sabes tú, El escape, Vida eterna & asociados, El préstamo, La tete del l´emploi, Cartas a supermán, Lurna
- O 21 de setembro: A los ojos, Agrinoui, Aurora, Broken basket, Coming tho Termes, El juego del escondite
- O 22 de setembro: Cretinos, Viaje a pies, El huerto, El pozo, El puzzle, El túnel, Galletas, La condena
- O 23 de setembo: La cuñadita, La última partida, Nieva (Nevica), Nunca te olvidaré, Varadero, Número oculto, Mousse

Gala Clausura.- Para rematar o festival, o 24 de setembro no Auditorio Gustavo Freire ás 20:00 horas, homenaxe a Dani da Torre, Luis Tosar e Jorge Coira coa proxección de El desconocido.

Premios Oficiais
Premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial: Trofeo e 1.000 euros
Premio do Público á Mellor Película Documental: Trofeo e 300 euros
Premio do Público á Mellor Película Galega: Trofeo e 300 euros
Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega: Trofeo e 300 euros
Premio do Público á Mellor Curtametraxe: Trofeo e 300 euros

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá naceu en Lugo a mediados dos anos setenta polas inquedanzas duns mozos afeccionados ao mundo da imaxe. A fotografía, como medio de perpetuar a vida, deixando constancia do vivido para o futuro, e o cine como sucesión de fotografías acompañadas da palabra e da música, constitúen a premisa deste grupo de afeccionados que tomaron o nome da lagoa existente no Concello de Pastoriza.

Ademais das semanas internacionais de cine de autor, é importante destacar as cinco Bienais de Fotografía e os numerosos cursos, sesións, certames, conferencias ou exposicións, sempre relacionadas co cine e a fotografía, que organizan.