Deputación de Lugo

A Deputación inxecta en Ribas de Sil case 250.000 euros para dotacións públicas, emprego e servizos sociais

- O
Presidente e o Alcalde asinaron un convenio para melloras de 120.000 euros solicitadas
polos veciños en dotacións públicas do rural como, por exemplo, arranxos de
estradas, accesos, traídas de auga ou redes de luz municipal -
Outros 66.300 euros son para máis actuacións en prestacións públicas do
Concello través do POS e dos plans de aforro enerxético e mellora das Tics-
Ribas de Sil contratará con 32.200 euros do DEPUEMPREGO a
novos traballadores cos que reforzar servizos municipais e mellorará o Servizo
a Domicilio con 22.000 euros

O Presidente, Darío CamposConde, informou este luns sobre o investimento de case 250.000 euros que aDeputación inxecta en Ribas de Sil para mellorar as dotacións públicas en zonasrurais, reforzar as prestacións municipais aos veciños, xerar emprego eimpulsar os servizos sociais neste Concello.

Este investimento, que é o 1ºdo Orzamento de 2016 da Deputación que recibe o milleiro de veciños de Ribas deSil, distribúe do seguinte xeito:

- preto de 120.000 eurospara mellorar dotacións públicas e reforzar as prestacións municipais aosveciños. O Presidente e o Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela,asinaron o convenio de colaboración mediante o cal o organismo provincialachega dito investimento e o Concello, que tamén participa no financiamento, encárgaseda contratación e execución, antes de finais de ano, destes traballos:

·  Pavimentacióndos accesos e da praza de Figueirido. Trátasedun dos principais núcleos rurais de Ribas de Sil, pois nel concéntrase aproducción de máis de 2.000 quilos da cereixa de Ribas de Sil. De feito, estestraballos, dotados de 24.000 euros, son unha das principais demandas dosprodutores.

· Acondicionamentodas estradas locais de Figueirido a Peites ata o entronque coa N-120, que é aprincipal vía deste Concello que o atravesa e comunica con Monforte de Lemos,Quiroga ou Ourense. Son actuacións requiridas polos veciños da zona, que contancon case 40.000 euros.

· Mellorada sinalización das rúas de San Clodio, a capitalidade de Ribas de Sil onde seconcentra a máis da metade da poboación deste municipio. O orzamento destasactuacións é de 8.000 euros.

· Colaboracióneconómica de 5.500 euros para a adquisión de maquinaria coa que reforzar ostraballos de conservación da brigada municipal de obras.

· Colaboracióneconómica de 23.000 euros para a compra dun grupo electróxeno para o servizo debombeo da traída de auga e luz municipal . Este investimento aforrará custos aoConcello, que ata o de agora tiña que alugar este equipo para proporcionar augae luz a veciños do rural cando se producen averías.

· Colaboracióneconómica de 14.300 euros para a realización do inventariado de camiñosmunicipais. Ribas de Sil non conta con este imprescindible documento público para,por exemplo, certificar obras ou solicitar axudas económicas ás principaisadministración públicas.

Outros 66.300 euros en máisdotacións públicas

- 47.300 euros do POS.Con este orzamento, Ribas de Sil mellorará o abastecemento de auga en Viardonas,que ten problemas na traída debido á falta de presión; así como as rúas de SanPedro, que é o principal barrio do municipio e está a carón de San Clodio. ADeputación, que por aposta do Presidente triplicou a achega provincial ao POSnos Concellos con respecto ao ano pasado, inviste nestes traballos 37.800euros.

-15.858 euros para dotaciónsque aforren custos enerxéticos. É a cantidade que lle corresponde a Ribasde Sil a través do Plan de Aforro Enerxético da Deputación nos Concellos. Coneste investimento, Ribas de Sil poderá levar a cabo melloras no alumeadopúblico, instalar caldeiras, estufas de biomasa, redes de calor ou levar a caboillamentos térmicos. Todo isto para reducir os gastos pola luz e calefacción doConcello e aliviar ás arcas municipais.

- 3.171 euros para Tics.Os Concellos teñen que realizar melloras nas súas sedes electrónicas antes do 1de outubro debido á entrada en vigor da Lei do Procedemento AdministrativoComún das Administracións Públicas. Esta normativa establece cambios nasferramentas tecnolóxicas para axilizar, modernizar, simplificar e garantir aoscidadáns a realización de todos os seus trámites coas mesmas de xeitotelemático.

Servizos sociais e emprego

- 22.040 euros para oServizo a Domicilio. É o investimento que lle corresponde a Ribas de Sil enbase ao seu índice de envellecemento, superficie, densidade de poboación eunidades de poboación. Por primeira vez, esta prestación suporá custo cero paraos Concellos, xa que o Goberno da Deputación decidiu asumir todos os custos.Tamén de xeito pioneiro, o organismo provincial ofrece aos municipios unadianto do 90% e a posibilidade de poder financiarlles, ademais dos gastos depersoal, os gastos de funcionamento, axustándose ás necesidades dos usuarios decada unha das distintas entidades locais co obxectivo de mellorar a calidadedeste servizo público.

- 32.219 euros para xeraremprego directo. É a cantidade que lle corresponde a Ribas de Sil a travésdo DEPUEMPREGO. Trátase do Plan deEmprego da Deputación nos Concellos. Esta programación é unha aposta persoal doPresidente pola xeración directa de traballo no rural e a máxima cooperacióncos Concellos, pois este orzamento é para a contratación de novo persoal co quereforzar as prestacións públicas municipais.

- 3.000 euros para a Festa da Cereixa e do Aceite.É unha cita en impulso dos produtores de cereixa e aceite deste Concello, quecongrega a milleiros de persoas, sendo un dos eventos de maior afluencia no Surda provincia, que dinamiza a economía da zona.