Deputación de Lugo

O Goberno adiantou 1 millón de euros aos Concellos para mellorar a atención de 1.800 maiores co Servizo a Domicilio ou incrementar os seus usuarios

- Así o avanzou hoxe o Presidente nun encontro cunha veciña de Lourenzá de 95 anos que é usuaria desta prestación, no que tamén participou a Alcaldesa e o Vicepresidente, así como a traballadora social que atende a Dorinda Vidarte- Campos Conde decidiu financiar ao 100% dende a Deputación o Servizo a Domicilio para aliviar aos Concellos do 30% que a Xunta de Feijóo lles obrigou a asumir tras deixalos sen orzamento autonómico algún para atender a maiores do rural lugués- A decisión do Presidente Provincial supón que esta prestación social teña custe cero para 66 municipios pero non para os seus actuais 1.800 usuarios, pois o Goberno de Feijóo obrígaos a pagar co Decreto 99/2012 que tamén aprobou de xeito unilateral- Os Concellos, que reciben máis fondos da Deputación ca nunca, poden contratar máis asistentes para atender a máis maiores ou ben mellorar a prestación que ofrecen aos usuarios existentes (1.800), pagándolles por 1ª vez gastos de funcionamento- Campos Conde incrementou ata os 1,5 millóns de euros o orzamento provincial para o Servizo a Domicilio. O millón ingresado é o anticipo do 90% que decidiu ofrecer aos municipios para, precisamente, executar as melloras que fixo no Servizo a Domicilio

Distribución obxectiva dos fondos

Outra das melloras levadas a cabo polo Goberno de Campos no Servizo a Domicilio, foi a distribución dos fondos entres os 66 Concellos, pois fíxose en base a criterios totalmente obxectivos (índice de envellecemento; superficie; densidade de poboación e unidades de poboación), resultando a seguinte: Abadín: 25.107,21 euros; Alfoz: 23.062,85 euros; Antas de Ulla: 22.722,10 euros; Baleira: 22.722,10 euros; Baralla: 22.381,37 euros; Barreiros: 21.018,43 euros; Becerreá: 22.040,64euros; Begonte: 22.040,64 euros; Bóveda: 21.699,90 euros; Burela: 16.588,84 euros; Carballedo: 24.425,80 euros; Castro de Rei: 24.085,05 euros; Castroverde: 22.040,64 euros; Cervantes: 23.744,32€ euros; Cervo: 18.974,00 euros; Corgo: 22.381,37 euros; Cospeito: 23.744,32 euros; Chantada: 25.107,27 euros; Folgoso do Courel: 22.381,51 euros; Fonsagrada: 26.470,22 euros; Foz: 19.314,74 euros; Friol: 25.788,74 euros; Guitiriz: 24.766,53 euros; Guntín: 23.062,85 euros; Incio: 24.085,06 euros; Láncara: 22.381,37 euros; Lourenzá: 21.018,43 euros; Meira: 19.314,74 euros; Mondoñedo: 21.699,90 euros; Monforte de Lemos: 23.744,32 euros; Monterroso: 21.359,16 euros; Muras: 24.766,53 euros; Navia de Suarna: 24.425,80 euros; Negueira de Muñiz: 19.314,74 euros; Nogais: 21.699,90 euros; Ourol: 26.470,22 euros; Outeiro de Rei: 21.359,16 euros; Palas de Rei: 25.788,74 euros; Pantón: 25.788,74 euros; Paradela: 23.062,85 euros; Páramo: 21.699,90 euros; Pastoriza: 23.062,85 euros; Pedrafita do Cebreiro: 22.040,64 euros; Pobra do Brollón: 24.085,06 euros; Pol: 22.040,64 euros; A Pontenova: 21.359,16 euros; Portomarín: 22.381,37 euros; Quiroga: 23.062,85 euros; Rábade: 18.292,53 euros; Ribadeo: 20.677,69 euros; Ribas de Sil: 22.040,64 euros; Ribeira de Piquín: 22.381,27 euros; Riotorto: 22.040,64 euros; Samos: 22.722,10 euros; Sarria: 23.403,58 euros; Saviñao: 26.129,48 euros; Sober: 26.129,48 euros; Taboada: 24.425,80 euros; Trabada: 22.040,64 euros; Triacastela: 19.655,48 euros; Valadouro: 23.062,85 euros; Vicedo: 21.699,90 euros; Vilalba: 27.833,17 euros; Viveiro: 22.722,10 euros; Xermade: 23.403,58 euros; Xove 19.655,48 euros.