Deputación de Lugo

Darío Campos participa na xuntanza en Lugo de 600 xubildados de Telefónica

O Presidente da Deputación, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participaron este venres na Xuntanza Interterritorial Noroeste de asociacións Sénior de Telefónica que tivo lugar no Auditorio Gustavo Freire, do Concello de Lugo. Durante a xornada, os máis de 600 socios procedentes de distintos puntos de España, realizaron visitas guiadas polo casco histórico da cidade e no Museo Interactivo da Historia de Lugo. O encontro clausurouse cun xantar de irmandade entre todos os xubilados, que contou con actuacións musicais e unha queimada.