A Deputación ofrece 30 obradoiros totalmente gratuítos para máis de 500 persoas nos 4 museos da Rede Provincial
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este mércores no Refectorio do Museo Provincial de Lugo a programación de actividades totalmente gratuítas para os clubs da Rede, que organiza a Rede Museística nos catro museos da provincia. A Rede Museística Provincial de Lugo conta con 3 clubs para todas as idades; Pequeamig@s, Ei! e Senior, que integran máis de 4.000 persoas de toda a provincia.
García Porto subliñou que dende a Deputación impulsamos estas actividades totalmente gratuítas, para achegar ao maior número de persoas de toda a provincia, máis de 30 obradoiros nos 4 museos da Rede; o Museo Provincial de Lugo, o Museo Pazo de Tor, o Museo Provincial do Mar, e o Museo Fortaleza San Paio de Narla.
Contos de fantasmas no museo
No acto, aproveitouse para presentar o libro didáctico Contos de fantasmas no museo, e as respectivas rutas literarias que farán os alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio polos museos da provincia.
O goberno provincial continúa con este proxecto de carácter didáctico e literario dirixido ao profesorado e alumnado de Ensino Secundario. Un libro que, como os anteriores, contén textos e ilustracións, escritos e debuxados por recoñecidos creadores de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, no que o argumento sucede no Museo Provincial de Lugo.
A través da lectura destes textos, o alumnado achegarase ao Museo Provincial de Lugo para seguir o desenvolvemento da acción e as pegadas dos personaxes que protagonizan o libro.
Actividades do Museo Provincial de Lugo
Obradoiro: Grupo de cine
Rodamos cine nun museo. Por mor da celebración da homenaxe a Castelao traballarase con integrantes do taller de cine dende o punto de vista da interpretación na adaptación dun dos seus relatos: O Rifante. Construirase unha secuencia cinematográfica que se subirá a youtube, facéndoa pública. A idea é poder aprender a facer cine no museo e coñecer os relatos de Castelao a través do cine.
Datas: 7 de novembro de 19:00 a 21:00 horas e 14 de novembro de 19:00 a 20:00 horas
Idades: de 16 a 30 anos (Club Ei! E Club Sénior)
Nº de asistentes: Máximo 20
Obradoiro: A vivenda no castro
Como se organizaban os castros? Cal era o seu sistema defensivo? Aprenderemos as técnicas construtivas das vivendas dos castros.
Data: 12 de novembro
Horario: de 11:00 a 13:00 horas.
Idades: de 7 a 14 anos (Club Pequeamig@s)
Prazas: 12
Obradoiro: Fíos e tecidos. O tear
Que é un tear? Como funciona? Con que materias primas se realizaban os tecidos? Aprenderemos algunhas das técnicas téxtiles do Mundo Antigo.
Data: 26 de novembro
Horario: de 11:00 a 12:30 horas.
Idades: de 7 a 14 anos (Club Pequeamig@s)
Prazas: 12
Obradoiro: Mosaicos
Iniciación á técnica do mosaico, en concreto ao mosaico romano.
Datas: 26 de decembro.
Idades: de 12 a 16 anos
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Participantes: 15
Obradoiro: Lámpadas
Luz, sombras e cor: Teremos que viaxar a través da historia para coñecer a luz e a súa importancia, dende que o ser humano controlou o lume ata o nosos días, pasando polas candeas, candelabros, palmatorias, contaremos para elo e cos faros dos barcos do noso museo.
Datas: 26 de decembro.
Idades: de 12 a 16 anos
Horario: de 17:00 a 19:00 horas
Participantes: 15
Obradoiro: Vidreiras
Datas: 27 de decembro.
Idades: de 12 a 16 anos
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Participantes: 15
Obradoiro: Origami
Datas: 27 de decembro.
Idades: de 12 a 16 anos
Horario: de 17:00 a 19:00 horas
Participantes: 15
Actividades do Museo Fortaleza San Paio de Narla
Obradoiro: O Samaín
Obradoiro familiar no que se celebrará o Samaín en colaboración coa Asociación de Recreación Histórica Castronela. Cabazas, xogos... e un paseo de ánimas arredor da fortaleza.
Datas: 29 de outubro
Horario: a partir das 16:00 horas
Idades: Club Pequeamig@s, Club Ei! e Club Sénior.
Nº de asistentes: sen límite
Obradoiro: Iconografía dos ríos galegos
Analizaremos a flora e fauna dos ríos galegos, en especial a do río Narla. E tamén a mitoloxía, que compararemos coa grecorromana.
Datas: 13 de novembro.
Horario: a partir das 12:00 horas
Idades: Club Pequeamig@s.
Nº de asistentes: sen límite
Obradoiro para universitarios da USC
Sesión para analizar as Unidades Didácticas do noso museo.
Datas: 18 de novembro.
Horario: a partir das 11:00 horas
Idades: Universitarios da USC
Obradoiro: Grupo de cine
O taller xirará entorno á creación dunha peza audiovisual precedida dunha serie de actividades que buscarán crear grupo e presentar os principais elementos do cinema. A secuencia principal crearase adaptando unha escena do relato O Rifante de Castelao, facendo énfase nos outros elementos que conforman o cinema, sempre dende o punto de vista da interpretación actoral no cine. Buscarase crear tamén o chamado plano secuencia.
Datas: 26 de novembro de 12:00 a 14:00 horas e 3 de decembro de 12:00 a 13:00 horas
Idades: de 4 a 12 anos
Nº de asistentes: Máximo 20
Actividades do Museo Provincial do Mar
Obradoiro: Tempos da castaña
Cando se achega a data de santos comezan os magostos. Neste tempo, con cada castaña que comemos liberamos unha alma do purgatorio.
No Museo Provincial do Mar imos tirar do fío da memoria dos membros do Club Sénior que de seguro apañaron moitas veces castañas, ceáronas en caldo ou con leite, ou coméronas con arenques.
Datas: 25 de outubro
Horario: de 17:00 a 18:30 h
Idades: Club Sénior
Nº de asistentes: Sen límite
Obradoiro: Samaín no museo
A tradición celta de celebrar a fin do verán, tempo de luz e calor; para darlle paso ao inverno, tempo de escuridade e frío ten unha fonda tradición en A Mariña. Moitos anos antes do Halloween comercial, os máis cativos adicábanse a baleirar cabazas e nabos, para tallar terroríficos sorrisos que brillaban grazas ás candeas que introducían no interior. Ademais, segundo as crenzas, esa noite comunícanse o mundo dos vivos e o dos mortos, logrando o reencontro entre persoas queridas.
Co Club Pequeamig@s coñeceremos as orixes desta celebración celta e faremos algunha monstruosa creación.
Datas: 1 de novembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: Grupo de cine
Cine a carón do mar. Mediante xogos de creación colectiva aproximaranse á interpretación actoral do cinematógrafo. Propoñendo crear unha historia co relato O Rifante de Castelao e xogando cos elementos que emerxen do mar. Así crearanse pequenas pezas audiovisuais que ó final permitan conformar un vídeo resumo do taller de cine.
Datas: 17 de novembro (de 17:00 a 19:00 h.) e 1 de decembro (de 17:30 a 18:30 h)
Idades: A partir de 60 anos
Nº de asistentes: Máximo 20
Obradoiro: Outono no mar
O outono é tempo de castañas, noces e abelás; de ventos que sopran levando follas e pólas de aquí para alá; de chuvias que enchen os camiños de lama; de fermosas cores alaranxadas, marróns, amarelas; de cheiro a fraga e a terra mollada. As curtas tardes solleiras e enxoitas do outono son ideais para pasear pola praia, recoller os tesouros que o mar se encarga de deixar na area e usalos para facer magníficas creacións.
Datas: 19 de novembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: Non existe o imposible
O 3 de decembro é o Día Mundial da Discapacidade. Aínda que na Rede Museística Provincial de Lugo traballamos todos os días na procura da accesibilidade e da inclusión das persoas, neste día en concreto queremos seguir achegándonos a esta importante realidade da nosa sociedade.
Descubriremos moitas proezas incribles que, con esforzo e tenacidade, logran estas persoas.
Datas: 3 de decembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: Sociedades plurais e diversas
Son máis de 150 millóns de persoas as que viven lonxe dos seus países dos que tiveron que marchar á procura dun futuro mellor por causas económicas, sociais, de catástrofes naturais ou conflitos e guerras. A ONU declarou o 18 de decembro como Día Internacional do Migrante para non esquecer que, segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, todos os seres humanos nacemos libres e iguais en dignidade e dereitos, e toda persoa goza dos dereitos e liberdades proclamados nela, sen distinción de ningún tipo; en particular de raza, cor ou orixe. Así mesmo, debemos recoñecer a aportación destas persoas para o avance social, económico e cultural.
Partindo da diversidade e heteroxeneidade, descubriremos cos membros do Club Pequeamig@s como chegar a crear un mundo en común.
Datas: 17 de decembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: A mesa do Nadal
As comidas e ceas das festas de Nadal sempre tiveron gran importancia na nosa cultura. É costume xuntarse toda a familia arredor da mesa cos mellores manxares. No caso das familias mariñeiras, nas comidas que se preparaban antigamente, o marisco era substituído por asados ou cocidos, pois abundaban menos e, por iso, eran máis apreciados que os froitos do mar.
Datas: 20 de decembro
Horario: de 17:00 a 18:30 h
Idades: Club Sénior
Nº de asistentes: Sen límite
Obradoiro: O tizón de Nadal
O Nadal está cheo de costumes e tradicións que ao longo do tempo pasan de xeración en xeración. Decorar árbores, enviar tarxetas de felicitacións, cantar panxoliñas, poñer os nacementos, etc.
Nesta actividade investigaremos de xeito divertido a orixe e o sentido destes costumes e, en concreto, da tradición do tizón de Nadal, propia da nosa cultura.
Datas: 28 de decembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: O ceo de Nadal
Para os navegantes a observación do ceo e das estrelas foi sempre primordial para poder localizarse e seguir o rumbo. Para logralo debían ter en conta que o ceo non é o mesmo segundo as diferentes partes do planeta, nin nas distintas estacións do ano. Así durante o Nadal, dende o hemisferio norte podemos ver as constelacións do Can Maior, Can Menor; Cocheiro de Xéminis, Tauro e Unicornio.
Neste obradoiro os Pequeamig@s farán a súa propia constelación zodiacal, o que seguro lles resultará moi interesante.
Datas: 29 de decembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h.
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: Vilancicos e panxoliñas
Os vilancicos naceron arredor do S. V para transmitirlles a liturxia da Natalidade a aldeáns e campesiños que non sabían ler. Naquela época, como a estes se lles chamaba viláns, os cantos tomaron o nome de vilancicos. Letras de Nadal, de reis, xaneiras; acompañábanse de pandeiretas, cunchas ou botellas de anís.
Nesta actividade imos facer a nosa propia pandeireta!!
Datas: 4 de xaneiro
Horario: de 11:30 a 13:00 h.
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: Almanaque mariñeiro
Cando chega un novo ano é imprescindible dispor dun almanaque no que ir planificando as nosas actividades. Tamén é moi importante saber que, no referido á pesca, cada especie ten as súas épocas de veda e desova.
No almanaque que confeccionaremos, imos marcar as épocas máis axeitadas para a pesca en cada mes.
Datas: 5 de xaneiro
Horario: de 11:30 a 13:00 h.
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Actividades do Museo Pazo de Tor
Obradoiro: Cousas de animais
Castelao pon en boca dos animais a tradición popular. Coma se tratásese de fabulas, o autor fai que burros, cans, gatos, cabras, papagaios, porcos e máis.... dígannos moitas cousas. Achegámonos á obra a través desta temática e usando a técnica de gravado en relevo (linogravado). Ao rematar o obradoiro, entregaranse aos asistentes os bosquexos realizados estampados na prensa.
Datas: 21 de outubro de 11:00 a 13:30 horas
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: Máximo 20
Obradoiro: As Irmandades da Fala
916-2016. 100 anos do nacemento das Irmandades da Fala. Quen foron, que fixeron e por que o celebramos? Somos herdeiros eternos da súa irrupción para a nosa cultura.
Datas: 5 de novembro de 11:00 a 13:30 horas
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: sen límite
Obradoiro: Arte cotiá en papel
Con este obradoiro preténdese coñecer mellor o noso entorno e a natureza da cor, as texturas, o volume e o espazo. O coñecemento do medio axuda a entender mellor o arte.
Datas: 11 de novembro de 17:00 a 19:00 horas
Idades: Club Sénior
Nº de asistentes: Máximo 20
Obradoiro: Xogando co papel
Con este obradoiro, preténdese acercar os máis pequenos o mundo do volume, espazo e a cor, compartindo cos demais ao tempo que xogan e coñecen o noso museo.
Datas: 12 de novembro de 11:00 a 13:30 horas
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: Máximo 20
Obradoiro: Grupo de cine
Facemos cine no interior dun pazo. Neste taller buscarase ante todo que os asistentes xoguen a crear diversos personaxes diante da cámara. Creando diferentes situacións gravadas, asociadas ó entorno do pazo onde máis pequenos son os protagonistas.
Datas: 19 de novembro de 11:30 a 13:30 horas e 10 de decembro de 12:30 a 13:30 horas
Idades: Todas as idades
Nº de asistentes: Máximo 20
Obradoiro: Nadal Artístico
Datas: 22 de decembro.
Idades: Club Sénior
Horario: de 17:00 a 19:00 horas
Participantes: sen límite
Obradoiro: Nadal Artístico
Datas:27 de decembro.
Idades: Club Pequeamig@s
Horario: de 11:00 a 13:30 horas
Participantes: sen límite
Obradoiro: Luz e Arte. Lámpadas
Luz, sombras e cor: Teremos que viaxar a través da historia para coñecer a luz e a súa importancia, dende que o ser humano controlou o lume ata o nosos días, pasando polas candeas, candelabros, palmatorias, contaremos para elo e cos faros dos barcos do noso museo.
Datas: 28 de decembro.
Idades: sen límite
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Participantes: sen límite