40 obras do lucense Gumersindo Pardo estarán expostas no Museo Provincial ata o 20 de novembro
- A Deputada inaugurou a mostra con motivo do centenarioda súa morte, que amosa trinta óleos, un debuxo, un gravado, 6 fotografías, unha cámara fotográfica e unvídeo- A entrada é libre e gratis. Horario: de luns avenres de 9:00 a 21:00 horas, sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00, edomingos e festivos de 11:00 a 14:00
GumersindoPardo Reguera
Viviu nos séculos XIX eXX, pero foi un home do Renacemento: delineante de estradas, farmacéutico, profesor,político e, por suposto, pintor. Nado o 24 de febreiro, de 1847, en Valgos(parroquia de San Martiño da Ribeira, Concello de Cervantes), comezou a pintara finais do século XIX, pasados os 40 anos. Pronto se gañou fama de granretratista, que foi crecendo ata a súa morte, en 1916. Para entón, xa era unpintor consagrado e secretario da Real Academia Galega de Belas Artes.