Deputación de Lugo

A Deputación convoca a entidades sociais para traballar nun novo Plan de Emprego para a inclusión de colectivos vulnerables

O Presidente e o Vicepresidenteconvocaron na Deputación, o luns día 29 ás 20:00 horas, ás entidadesinvolucradas para debater as novas liñas deste programa

O Presidente e oVicepresidente da Deputación, Darío Campos Conde e Álvaro Santos Ramos manteránunha xuntanza de traballo o vindeiro luns dia 29, con todas as entidadessociais representativas dos colectivos especiais da provincia co fin de avanzarnas novas liñas de traballo para a creación dun novo Plan de Emprego, dende oorganismo provincial, para favorecer a inclusión social e laboral destescolectivos vulnerables. “Nestaxuntanza queremos coñecer de primeira man ás súas necesidades para dar respostaas súas demandas e poder actuar dun xeito eficaz e práctico”, subliñou oPresidente.

Campos Conde lembrou que nanosa Comunidade a taxa de paro deste colectivo chega ao 30%. “Dende aDeputación entendemos que todas as administracións deben ser sensibles con estetema, non podemos deixar de lado aos que mais o necesitan, xusto cando máis onecesitan. E o que pretendemos con este novo Plan de emprego é dar resposta aunha necesidade vital para o desenrolo social e laboral destes desempregadosque teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral”, explicou oPresidente.

O organismo provincial xa puxo en marcha diversosprogramas de emprego nos 67 Concellos da provincia como o Ben Empregado I e II cunhadotación de 12 millóns de euros, e o Lugowork con 2 millóns de euros.