Deputación de Lugo

O medallista olímpico Cristian Toro recibe a insignia de ouro da Deputación

- O palista lucense, recentemente proclamado campiónolímpico, foi recibido no Pazo de San Marcos polo Presidente e outros membrosda corporación- Toro asinou, ademais, no libro de ouro da provinciacomo recoñecemento ao seu sacrificio e traballo diario que o levaron a ser unhareferencia no piragüismo- CamposConde sinalou que Cristian Toro “representa á perfección os nosos valores comopobo, polo que Lugo non pode ter un mellor embaixador”

O Presidente da Deputación,Darío Campos Conde, recibiu no salón de plenos do Pazo de San Marcos ao palistalucense Cristian Isaac Toro, recentemente proclamado campión olímpico na probade K-2 200 metros, nos Xogos de Río de Janeiro 2016. Toro recibiu a insignia deouro da Deputación, unha distinción que vén a recoñecer a súa incuestionabletraxectoria ao longo dos últimos anos. Así mesmo, Cristian Toro asinou no librode ouro da provincia, no que deixou constancia do seu agradecemento áDeputación polo apoio recibido.

Campos Conde sinalou que “éun orgullo para a nosa provincia contar cun deportista da talla de CristianToro, unha referencia no mundo do piragüismo e un exemplo para os máis pequenosdeste deporte. A túa impecable traxectoria é froito do esforzo, do compromiso edo traballo diario. O teu sacrificio levoute a triunfar en campionatosnacionais e europeos, ata conquistar a medalla de ouro olímpica, o soño decalquera deportista de elite”, engadiu.

Ouro olímpico

Cristian Toro, no seu debut olímpico, deulle a Lugounha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Río despois de impoñerse na finaldo K2 200 metros xunto á súa parella de embarcación, Saúl Craviotto, cun tempode 32:07 segundos, finalizando por diante dosbritánicos L. Heath y J. Schofield, segundos clasificados, e os lituanos E.Ramanauskas y A. Lankas, que completaron o podio.