Deputación de Lugo

O Goberno elabora un plan de emprego social de 2,5 millóns xunto a persoas con capacidades diferentes e en risco de exclusión laboral

- Enwww.deputacionlugo.gal hai un banner cun ficheiropara que os interesados trasladen á Deputación os seus perfís laborais antes do12 de setembro, inclusive-Deberán indicar a súa titulación, experiencia laboral, postos laborais aos queaspiran... Esta información deberá ser remita ao correo area.emprego@deputacionlugo.org- OPresidente e o Vicepresidente traballan con colectivos sociais e especiais parafavorecer a contratación de persoas con dificultades sensoriais, psicolóxicas,físicas, ex reos ou vítimas de violencia de xénero a través da vindeiraprogramación de emprego

O Goberno da Deputación está a elaborar un plan deemprego social, dotado de 2,5 millóns de euros, xunto a persoas con capacidadesdiferentes e en risco de exclusión social. O obxectivo desta nova iniciativa éfavorecer a contratación destas persoas. Por este motivo, este venres habilitouseen www.deputacionlugo.galun ficheiro para que trasladen ao organismo provincial os seus perfíslaborais. 

Na web provincial hai un banner co nome “Emprego parapersoas con capacidades diferentes” e un formulario para indicar a súatitulación, experiencia laboral, perfís laborais aos que aspiran... Toda estainformación deberá ser remita ao correo area.emprego@deputacionlugo.orgata o 12 de setembro incluído.

Con esta documentación, a Deputación elaborará unha basede datos provinciais, na que se recollerán todos os perfiles laborais daspersoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Porexemplo, persoas con dificultades sensoriais, psicolóxicas, físicas, ex reos ouvítimas de violencia de xénero.

“O noso obxectivo é primar a contratación destescolectivos no vindeiro plan de emprego social que vamos a poñer en marcha naprovincia con 2,5 millóns de euros da Deputación”, remarcou o Deputado deEmprego, Álvaro Santos Ramos.

Santos Ramos e o Presidente, Darío Campos Conde,mantiveron varias reunión con colectivos sociais ou especiais da provincia paradefinir as liñas de actuación da vindeira programación laboral da Deputación.