Deputación de Lugo

Máis dun cento de persoas participan en San Marcos na conferencia A nutrición na prevención e tratamento de enfermidades

​O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este martes a conferencia A nutrición na prevención e tratamento de enfermidades a cargo da experta en inmunonutrición María Ascención Marcos. Esta programación inclúese dentro de Alimentatic, o programa da Fundación TIC da Deputación destinado a fomentar unha dieta saudable entre os maiores da provincia a través das tic​. Especialista en inmunonutrición, María Ascensión Marcos é pioneira en España no estudo da relación entre os diferentes compostos bioactivos e os alimentos funcionais no sistema inmunolóxico. Nestes últimos vinte anos participou en numerosos proxectos de investigación relacionados co tema. Os seus estudos destacan á hora de comprender cales son os biomarcadores e os factores máis ligados a enfermidades cada vez máis presentes nos países industrializados como os trastornos de alimentación, o sobrepeso, a obesidade ou as intolerancias.