O Goberno da Deputación principal patrocinador da XLII Festa da Primavera do Páramo
O Deputado de turismo, Eduardo Vidal Baamonde; o Alcalde do Páramo, Gumersindo Antonio Rodríguez Liz; o Presidente da Asociación de amigos do campo da feira de O Páramo, Manuel López López; o fundador da mesma asociación, Jesús Méndez López; presentaron este mércores a XLII Festa de Primavera do Páramo que se celebrará a vindeira fin de semana no campo da feira da vila e que conta con unha axuda de 8.000 da Deputación de Lugo.
Vidal Baamonde destacou que é unha oportunidade única de vivir unha feira tradicional con máis de 40 anos de historia e na que se realzan de valores e elementos que conforman a nosa idiosincrasia e identidade como provincia. Ademais a festividade permitirá dinamizar a vida do Concello, repercutindo positivamente na economía local debido a que se esperan máis de 4.000 visitantes, chegados de todos os rincóns de Galicia.
O domingo ás 18:00 horas a Alta Escola de doma cabalar, levará a cabo o espectáculo El duende Ecuestre, que será, a actividade estrela da festa, pois espérase público chegado de todos os rincóns de Galicia e mesmo de fóra.
Ao longo dos tres días de feira sucederanse máis de 30 actividades sendo a maioría relacionadas co rural. Durante os tres días, destacará a feira de gando, que espera reunir en torno a 380 reses. Tamén haberá feira de artesanía na que haberá máis de 60 postos de todo tipo.
A música terá tamén un papel moi importante. Destacando o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitres. Haberá espazo para os mozos coa celebración da X Festa da Xuventude o venres e verbena o resto dos días.
Programación
Durante os tres días que durará, levaranse a cabo máis de 30 diferentes actividades que serán as seguintes:
Venres 8
10:00 horas. Lanzamento de foguetes e actuación de charanga.
12:00 horas. Misa solemne.
13:00 horas. Inauguración das Feiras a cargo das autoridades.
14:10 horas. Actuación da banda de Acordeóns O Folión.
14:30 horas. Pregón.
15:00 horas. Xantar Oficial e Comida da 3ª idade.
18:00 horas. Actuación da Recanteira de Luar Verónica Cambón.
23:30 horas. X Festa da Xuventude.
Sábado 9
10:00 horas. Apertura da Feira do Gando.
10:30 horas. Lanzamento de foguetes e pasarrúas.
12:00 horas. Clasificación do gando vacún polos servizos veterinarios.
12:15 horas. Adestramento e mostra canina Fontao.
16:00 horas. Adestramento e mostra canina Fontao.
16:30 a 19:00 horas. Programa TVG Aquí Galicia.
17:00 horas. Desfile de Gando e entrega de trofeos.
22:30 horas. Festa - Verbena coa Orquesta Super Hollywood.
23:30 horas. Concerto do grupo Xavier Diaz e As Aufeiras de Salitre.
Domingo 10
10:00 horas. Lanzamento de foguetes e pasarrúas
10:30 a 20:00 horas. Actuación de grupos folkloricos
12:00 a 20:00 horas. Agrolugo mostra de Exposición do coche de rally dos irmás Vallejo
18:00 horas. Mostra de doma de Alta Escola co espectáculo El duende Ecuestre de Burgos.
19:30. Actuación de Grupo Folclórico.