Éxito absoluto na nova edición dos campamentos urbanos de teatro da Deputación

- Esta iniciativa, enmarcada dentro da programación cultural da Deputación, serviu como aprendizaxe para que os alumn@s intercalarán probas a través de xogos e talleres como a caracterización de personaxes, vestiario, mímica, improvisación teatral, así, como a incorporación de música e danza en cada sesión
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo clausurou este venres, no Salón de Actos da Deputación, o campamento urbano de teatro gratuíto, promovido polo Executivo Provincial, no que participaron 80 rapaces e rapazas de entre 7 e 14 anos, e co que se buscou achegar o mundo do teatro dun maneira lúdica e divertida a todos os asistentes. Neste derradeiro acto participou tamén a actriz viguesa Marta Larralde, quen ofreceu unha masterclass coa que explicou aos asistentes a súa experiencia profesional ao longo destes anos no mundo da interpretación.
López Izquierdo avanzou que esta nova actividade da Deputación converteuse nun novo éxito, xa que se esgotaron as 80 prazas dispoñibles para participar neste Campamento, que se celebrou ao longo deste mes de agosto polas rúas de Lugo. Con esta iniciativa os participantes intercalaron probas a través de xogos e talleres como a caracterización de personaxes, vestiario, mímica, improvisación teatral, así, como a incorporación de música e danza en cada sesión.
Marta Larralde e David Amor
Os campamentos urbanos de teatro da Deputación contaron con dous mestres de luxo. O cómico David Amor participou o dia 21 nun encontro con todos os participantes, e hoxe venres día 31, clausura esta actividade a actriz Marta Larralde (Vigo, Pontevedra-1981). Larralde acaba de protagonizar na serie Fariña, o papel de Nieves, a primeira esposa que tivo Sito Miñanco.