64 operarios e 32 máquinas acondicionan as vías de 35 Concellos lucenses por acumulacións de xeo
O Goberno da Deputación mantén activado o Plan de Emerxencia para facer fronte ás acumulacións de xeo, rexistradas esta madrugada na rede viaria provincial, sobre todo nas estradas da Montaña lucense. Un total de 64 operarios e 32 máquinas acondicionaron as estradas provinciais en 35 Concellos, nas que se distribuiron 800 toneladas de sal.
35 Concellos
Os Concellos nos que se actuou foron: Becerreá, Begonte, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Chantada, O Caurel, Cervantes, A Fonsagrada, Friol, Xermade, Guitiríz, Guntín, O Incio, Lugo, Mondoñedo, Muras, Navia de suarna, Negueira de Muñiz , As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra Brollón, A Pontenova, O Saviñao, Quiroga, Riribeira de Piquín, Samos, Ribas de Sil, Triacastela e Taboada.