Concertos con instrumentos medievais, obras de Sesé Santiso, Lamazares , Vázquez Cereijo ou Úbeda protagonistas da programación cultural da Deputación
García Porto explicou que “o Goberno da Deputación presenta este ano unha axenda cultural que combina o traballo de artistas referentes e consolidados a nivel internacional como Antón Lamazares, Vázquez Cereijo e Rafael Úbeda, con outras máis innovadoras como Sesé Santiago, Caxigueiro, Pradero ou Iago Eirós, entre outros”
Unha das novidades da programación é unha exposición de instrumentos medievais, que será itinerante, co fin de dar continuidade ao traballo realizado o ano pasado no CENTRAD coa construción destas pezas tan valiosas
Avanzou que “ outras das protagonistas esenciais será o traballo e a proxección artística das mulleres na historia, xa que haberá 6 exposicións con esta temática”
A Deputada de Cultura, Pilar García avanzou este venres a programación cultural que acollerán as salas expositivas do organismo provincial ao longo de todo o ano. Fíxoo na sala 24, da 1ª planta do Museo Provincial adicada a Seone, a quen este ano a Academia das Artes Galega adica o Día dás Artes Galegas. No acto estivo acompañada de artistas e comisarios que participan nesta programación, así como as responsables da Rede Museística Provincial e do CENTRAD, e persoal dos museos.
García Porto explicou que “o Goberno da Deputación presenta este ano unha programación que combina o traballo de artistas referentes e consolidados no panorama cultural a nivel internacional como Antón Lamazares, Vázquez Cereijo e Rafael Úbeda, con outras apostas máis innovadoras como Sesé Santiago, Caxigueiro ou Iago Eirós”.
A Deputada sinalou ademais que “na axenda cultural da provincia unha das protagonistas esenciais será o traballo e a proxección artística das mulleres ao longo da historia. De feito hai 6 exposicións con temática relacionada coas mulleres, comezado pola exposición da artista lucense Sesé Santiso, seguindo coa de Viki Rivadulla. No Pazo de San Marcos tamén se exhibirá unha colección de barbies coa que se amosan as inquedanzas da xustiza e as desigualdades que sofren as mulleres. E o refectorio do Museo acolle o traballo de Mercedes Vázquez Saavedra. E por último o proxecto “Muller mirando mulleres”, unha iniciativa na que participan preto de 100 mulleres”.
Ano de Luís Seoane
Outra exposición singular será a adicada a Maruxa Seoane, coincido co ano que adica a Real Academia Galega de Belas Artes, no Día dás Artes Galegas ao artista Luís Seoane. Será a través dunha selección de óleos, fotografías, obra gráfica, documentación e testemuños, que amosarán o retrato dunha muller que trala morte do seu esposo consagrou a súa vida a súa obra. Hai que lembrar que a Deputación xa realizou no 2018 outra mostra do creador de Sargadelos para reivindicar a súa figura.
Exposición e concerto de instrumentos medievais
“Outra das novidades desta axenda é unha exposición de instrumentos medievais, que será itinerante, co fin de dar continuidade ao traballo realizado o ano pasado no CENTRAD coa construción destas pezas tan valiosas. Ademais, esta colección forma parte do ciclo de concertos de instrumentos que se realizarán por toda a provincia”, avanzou a Deputada.
Por último e paralelamente a estas actividades o Executivo Provincial promovese unha xornada sobre as covas na provincia que se celebrará o 22 de marzo no Salón de Actos da Deputación, así como a participación noutras citas como o Dia de Rosalía, o Dia das Letras Galegas, o Dia dos Museos e a colaboración cos centros escolares da provincia.
Avance da Programación
Museo Provincial de Lugo
Sesé Santiso (12 febreiro-abril)
A sala do Museo Provincial acolle o último traballo da artista lucense Sesé Santiso, “O cotián revisado”. Este proxecto expositivo pretende revindicar o cotiá como instrumento ao servizo da memoria, donde os obxectos persoais e noso entorno son apreciados de xeito máis pousado e atento, podendo apreciar a súa factura, descubrir a pegada que deixa en eles o paso do tempo, encontrar a beleza escondida, rememorar algún recordo, algún pesadelo… que nos pode devolver, por un instante, aos seres que xa non están.
Antón Lamazares (abril-xullo)
Flor Novoneyra, é o testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. É unha mostra que reúne a dous grandes referentes da nosa cultura, Antón Lamazares e Uxío Novoneyra, que se desenvolve a través dun diálogo entre pintura e poesía, posto que Flor Novoneyra está formada por medio centenar de obras nas que Lamazares transcribe versos do poeta do Courel empregando o seu coñecido Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental que o pintor bautizou co nome do seu pai e utilizado en tódalas facetas da súa vida e obra desde o ano 2012. Esta exposición xa estivo presente no Museo Centro Gaias no ano 2017 e na Feira Artística Frame en Miami no 2018.
Vázquez Cereijo (xullo-setembro)
O autor lucense comezou os seus estudos de arte no seu Lugo natal, onde foi discípulo de Anxel Xohán no Círculo das Artes. Agora presenta a mostra; Eu sempre soñei ser a miña historia. Exposición proposta por Anne Nikitik, co asesoramento de Juan Manuel Bonet e o comisariado de Paco Pestana. A mostra versará sobre a vida e obra do artista lucense Vázquez Cereijo, donde estará presente unha importante escolma dos seus grabados, algúns ineditos, poemas, fotografías de índole familiar e outro tipo de recordos da súa traxectoria. Unha peza orixinal que estará presente nesta mostra será un teatro maqueta realizado a finais dos anos 70 en colaboración con Maruja Mallo.
Coleccionista
Ademais, no Refectorio, como complemento a esta exposición, poderemos acercarnos a faceta de Vázquez Cereijo como coleccionista, donde estarán obras de importantes artistas como Francis Bacon, Braque, Max Ernst, Salvador Dalí, Tino Grandío, Colmeiro, José Luis de Dios, Gregorio Prieto, Maruja Mallo, Corredoira e Paco Barón entre outros.
Rafael Úbeda (outubro-decembro)
A exposición deste artista pontevedrés, Expresións Sonoras, está formada por case un centenar de obras, que conforman unha selección significativa da obra de toda a súa vida e que é o resultado de tantos intentos de expresión, con vivencias de descontento e insatisfacción constantes, para o logro de composicións armónicas. O tema central da exposición é o reflexo dun sentimento sonoro, cargado de lineacións rítmicas e dinámicas.
Caxigueiro (decembro-)
Daniel Río Rubal, naceu en Mondoñedo en 1955. A obra de Caxigueiro reflexiona sobre cuestións que condicionan o desenvolvemento vital, tanto individual coma colectivo. A Métrica do Ilusionismo é a súa nova proposta, coa que pretende amosar a evolución dunha experiencia plástica, desde un punto de vista retrospectivo, onde as disciplinas e as linguaxes discorren por intereses, moitas veces colectivos, e onde a realidade amosa facianas irónicas, líricas ou reivindicativas. É unha mestura de diferentes linguaxes, cun interese pola narración e unha importante presenza de cerámica, e cunha actitude claramente crítica e periférica.
Refectorio do Museo Provincial
Mercedes Vázquez Saavedra (Febreiro)
O refectorio do Museo acolle o traballo de Mercedes Vázquez Saavedra. A Máscara. Coincidindo coas datas do Entroido estará presente esta mostra que ven a ser un percorrido polas máscaras tradicionais da Península Ibérica. Esta exposición complementarase cunha xornada sobre as diferentes caracterizacións presentes nos Entroidos da nosa provincia.
Eu Ti Elas Nosoutrxs en Rede (abril)
Neste mesmo espazo outra cita co proxecto de Eu Ti Elas Nosoutrxs en Rede. Acollerá a presenza de mostras de varias artistas como Sabela Arias, Viki Rivadulla e Ofelia Cardo.
Numismática (xullo)
Pezas de moeda estranxeira da colección propia do Museo Provincial.
Culturas en Diálogo (decembro)
Continúa o proxecto de Culturas en Diálogo no que participa a Rede Museística.
Pazo de San Marcos
Pradero (marzo)
Colección de fotografías nas que se amosan as paisaxes marítimas da Mariña Lucense e os oficios do mar realizadas polo fotoxornalista, Jose Luís Rodriguez, Pradero, baixo o titulo, Meridiano 7.30 Oeste. Mes de Marzo.
Maruxa Seoane (maio)
Achegamento a María Elvira Fernández López, Maruxa Seoane. Exposición promovida pola Fundación Luis Seoane e comisariada polo artista e profesor Juan de la Colina, que nace como un desexo de render homenaxe á personalidade de Maruxa Seoane, compañeira inseparable de Luis Seoane e persoa chave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista en 1979, dedicaría a súa vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia, nun proceso que culminaría en 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane na Coruña.
Iago Eireos (agosto)
Nación S.A, proxecto expositivo de Iago Eireos, comisariado por Paula Cabaleiro, sobre a idea de nación a través de intervencións artísticas que poñen en diálogo conceptos como a memoria, a historia, o estado, o goberno, a bandeira, o himno, o territorio, a fronteira, o pobo ou a cultura. É un proxecto analítico que se desenvolve acerca da orixe da nación, dos seus elementos básicos e diferenciadores, da relevancia da bandeira, de como se forxa a identidade dunha nación e que aspectos a configuran, de como se establecen os límites do territorio… Como antesala da exposición, na Praza de San Marcos estará presente unha instalación Site Specif Fronteiras II, que persigue un efecto de atracción e acceso á sala de exposicións do Pazo de San Marcos e que é unha invitación en clave que dialoga co espacio público e o discurso expositivo.
Mulleres Mirando Mulleres (outubro)
O poder da presencia. Mulleres Mirando Mulleres. A través desta colección preténdese reunir a aquelas artistas que reflexionen sobre o posicionamento da muller no mundo da arte e o cuestionamento dos lugares e esquemas aos que foron relegadas. MMM pretende, por un lado, poñer en valor a obra de artistas emerxentes, e darlles visibilidade. Son artistas e son mulleres e como tales cada día se enfrontan ás dificultades inherentes ao xénero, ás que suman o feito de ter que moverse nun mundo que, hoxe por hoxe, segue deixando en evidencia a falta dun tratamento igualitario; por outro, dar a importancia debida ás axentes do arte que cada día apostan por dar lugar ás artistas, coas que traballan, xa sean bloggers, xestoras, camisarias, galeristas, museólogas ou teóricas, todas poñen a súa intelixencia e o seu bo facer ao servizo da arte, como mulleres e como profesionais. Unha serie na que participan un total de 51 artistas, 15 comisarias, 52 xestoras culturais con 11 proxectos.
Premio Fotografía Galicia (novembro)
A Sala de exposicións de San Marcos será novamente o espazo que acollerá ao gañador deste certame de fotografa, que xa está consolidado, e co que colabora o organismo provincial.
Barbies (xuño)
Diversos espazos do Pazo de San Marcos acollen ademais a exposición que coordina a Deputación de Pontevedra na que mostran a través das Barbies as inxustizas e desigualdades que sofren as mulleres na sociedade española. A exhibición ten por nome "Rompe. Xoga en igualdade".
CENTRAD
No mes abril tamén se realizará unha exposición de Instrumentos Musicais Medievais, producida polo Centro de Artesanía e Deseño. Trátase da exposición do proxecto de reconstrución e interpretación dos instrumentos medievais que se desenvolve desde finais do 2017. Nesta mostra exhibise o desenvolvemento deste proxecto desde o seu inicio ata a actualidade, con proxeccións, paneis, os instrumentos reconstruídos e onde tamén estará presente a música.
Castroverde
Dentro da programación do CENTRAD tamén se inclúe unha mostra de silleiros e de cesteiros, dentro da aposta do Goberno da Deputación pola recuperación dos oficios tradicionais da provincia. Esta colección sobre os silleiros de Tórdea, de Castroverde amosa o oficio artesanal de fabricar cadeiras tradicionais de madeira de castiñeiro e asento de xunco que na aldea de Tórdea chegou a ter a 10 artesáns deste oficio, do que na actualidade só queda un artesán.
Outras actividades paralelas
A Capela de Santa María tamén acollerá unha nova edición do MUSICAD no mes de marzo, e proseguen outros eventos consolidados na programación cultural como o Palillad, o Mercado de Nadal ou Arte San Froilán.
Ademais, como novidade por primeira vez o Goberno da Deputación organiza en colaboración coa Tradaescola, o certame de Debuxo de instrumentos tradicionais no que participan os centros escolares da provincia.
Paralelamente a estas actividades o Goberno da Deputación promove unha segunda xornada sobre o patrimonio arqueolóxico lucense, este ano adicarase as covas de Eirós (Triacastela), Valdavara (Becerrea), Valiña (Castroverde), será o dia 22 de marzo no Salón de Actos da Deputación. E continuamos a nosa participación noutras citas como o Dia de Rosalía, o Dia das Letras Galegas, ou o Dia Internacional dos museos, así como a nosa colaboración cos centros escolares da provincia.