Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación ofrece ata final de ano 15 novas actividades de educación ambiental gratuítas con 390 prazas

José Luís Raposo Magdalena
Medio Ambiente
Centro de Interpretación Terras do Miño
Reserva da Biosfera
Presentación actividades medio ambiente
O Deputado de Medio Ambiente presentou o programa do cuarto trimestre das reservas da biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, que inclúe, entre outras, xornadas sobre o cambio climático, o coidado das plantas, a poda, compostaxe e cociña creativa, ademais de obradoiros de Nadal

As persoas interesadas en participar deberán reservar a súa praza na páxina webwww.deputacionlugo.gal ou en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/

O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo Magadalena, presentou este venres no Centro de Interpretación Terras do Miñoa programación de actividades de educación ambiental que desenvolverá a Deputación durante o último trimestre do ano para difundir as reservas da biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Entre os meses de outubro e decembro, o Centro de Interpretación Terras do Miño e os concellos de Cervantes, Becerreá e Navia de Suarna acollerán 15 actividades gratuítas con 390 prazas, entre elas, xornadas sobre o cambio climático, o coidado das plantas, a poda, compostaxe e cociña creativa, ademais de obradoiros de Nadal.

O prazo de inscrición estará aberto a partir das 12:00 horas do vindeiro luns, 30 de setembro. A programación está dividida en varios grupos segundo as distintas idades dos participantes: actividades para familias, para o público infantil e para adultos.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina webwww.deputacionlugo.gal ou en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar ao teléfono 982.227.813 para obter máis información.As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.

Centro de interpretación na rúa
O Deputado recordou que tamén continua aberto o prazo para que os colexios da provincia soliciten visitas e actividades organizadas especialmente para escolares no Centro de Interpretación Terras do Miño e para O Centro de Interpretación na Rúa, o programa no que os profesionais imparten os obradoiros nos propios centros educativos. Se os centro están interesados, pode solicitalo no 982.227.813 ou en und.medioambiente@deputacionlugo.org. 

Terras do Miño
O calendario das actividades ambientais programadas para os vindeiros meses é o seguinte. Todas as sesións celebraranse no Centro de Interpretación Terras do Miño, agás indicación contraria.

- Actividades para adultos
Outubro
14,15,16,17,18 e 19 de outubro.- Curso de micoloxía.De 19:30 a 21:00 horas dos días 14 ao 18, e o horario práctico o día 19 en horario de 10:00 a 13:30 horas. 100 prazas. Salón de Actos da Deputación Provincial.

26 de outubro.- Curso de cosmética sólida e orgánica. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas. 

16 de outubro.- Comprender o cambio climático para evitalo. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

30 de novembro.- As plantas do noso entorno. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

14 de decembro.- O coidado das plantas do interior da casa.Horario de 10:00  a 14:00 horas. 20 prazas.

21 de decembro.- A poda. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas. 

- Actividades para familias
Novembro
9 de novembro.- Fototrampeo de mamíferos. Horario de 10:00 a 14:00 horas.  20 prazas. 

23 de novembro.- Caderno dun naturalista: os bosques da nosa reserva.  Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

- Actividades infantís
Decembro
23,26,27 e 30 de decembro.- Talleres navideños. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 25 prazas.

Os Ancares Lucenses
O calendario para os vindeiros meses na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses é o seguinte.

Becerreá
- Actividades para adultos
7 de outubro.- A Compostaxe. Horario de 16:00 a 20:00 horas. 25 prazas. Celebrarase no Centro Social de Becerreá. 
- Actividades infantís
26,27 e 28 de decembro.- Decoración e contos de nadal. Horario de 10:00 a 14:00 horas. Celebrarase no Centro Social de Becerreá

Cervantes
- Actividades infantís
18 de outubro.- Obradoiro de cociña creativa. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas (5 a 15 anos). Alumnado do C.P.I. de Cervantes. 
8 de novembro.- Curso de Micoloxía. Horario de 10:00 a 13:30 horas. 20 prazas (3 a 15 anos). Alumando do C.P.I. de Cervantes.

Navia de Suarna
- Actividades para adultos
19 e 26 de outubro.- Obradoiro sobre o manexo de teléfonos. Horario de 16:00 a 20:00 horas. 15 prazas. 19 de setembro.Celebrarase na Escola de Barcia. 

- Actividades infantís
27 de decembro.- Xogos populares. Horario de 16:00 a 20:00 horas. 15 prazas. Celebrarase na Escola de Barcia