Cooperación concellos
Deputación de Lugo
Formación

A Deputación reanuda telematicamente a formación de técnicos municipais da provincia no uso do Sistema de Información Xeográfica

CURSO
Cooperación cos Concellos
O curso, orientado á xestión na Administración local, comezou de forma presencial a principios do mes de marzo, pero interrompeuse pola declaración do Estado de Alarma

A Deputación de Lugo reanudou de maneira telemática a formación de técnicos municipais de toda a provincia no uso do Sistema de Información Xeográfica (SIX). Trátase dun curso capacitación gratuíto, de 30 horas, impartido por técnicos da Universidade de Santiago de Compostela. A formación, orientada á xestión na Administración local, comezara de forma presencial a principios do mes de marzo, pero interrompeuse pola declaración do Estado de Alarma. 

Preto de 15 persoas participan neste curso da institución provincial, que forma parte do convenio de colaboración coa USC. Está destinado ao persoal da Administración local que necesite obter información de mapas sen que sexa necesario dispoñer de coñecementos especiais de informática gráfica ou xeográfica.

A formación pretende introducir ao persoal da Administración local nas últimas tecnoloxías no uso e tratamento da información territorial, difundir os recursos cartográficos existentes en Internet e na Deputación, fomentar a creación de SIX municipais, así como establecer liñas de comunicación máis áxiles e eficaces para o intercambio de información territorial.