O Presidente reúnese coa directiva do Club Fluvial de Begonte e visita as instalacións

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitaron este domingo as instalacións do Club Fluvial de Begonte e mantiveron un encontro con representantes do colectivo. Na reunión participou o presidente do club, Alejandro Varela Quijada, o presidente da Conferencia Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga Díaz, representantes do Concello de Begonte e outros membros da directiva do club.