Deputación de Lugo

A Deputación apoia o Congreso Galego de Viúvas, que se celebra a vindeira semana en Lugo

Congreso Galego de Viúvas
Lugo
José Tomé Roca recibiu no Pazo de San Marcos ás representantes do colectivo Xulia Minguillón con motivo deste evento, que reunirá o día 24 de maio arredor de 200 mulleres de todo o territorio galego para festexar o 50 aniversario da asociación lucense

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo un encontro coas representantes da Asociación de Viúvas Xulia Minguillón de Lugo no Pazo de San Marcos, no que lles trasladou o apoio da institución provincial á celebración do Congreso Galego que terá lugar o vindeiro 24 de maio en Lugo con motivo do 50 aniversario da entidade.

A Deputación achegará 5.000 euros para a organización deste evento, que reunirá arredor de 200 mulleres s e que pon en valor medio século de traballo a prol das mulleres viúvas e da súa visibilización e participación social. Tomé Roca destacou a importancia deste congreso para recoñecer a traxectoria da entidade e reforzar os lazos entre asociacións de toda Galicia.

O Congreso dará comezo cunha misa na Catedral de Lugo ás 11:00 horas. A continuación, ás 12:30 horas, celebrarase o acto oficial na Delegación Territorial da Xunta. A xornada continuará cun xantar no Hotel Méndez Núñez, que estará amenizado pola actuación musical do grupo "La penúltima Sabinera". Como peche, ás 20:00 horas, terá lugar un concerto do Coro do Hospital.