Menu toggle
Arquivo
Servizos

  • Sala de consulta: consulta de documentos orixinais.
  • Información e asesoramento aos usuarios: atención de forma presencial, por teléfono, correo postal, correo electrónico ou formulario de solicitude.
  • Préstamo administrativo.
  • Reprodución de documentos, axustándose ás limitacións de acceso á documentación recollidas na lexislación vixente.
  • Consulta da biblioteca auxiliar especializada en arquivística, administración e historia local.
  • Servizo de difusión.
  • Certificación e compulsas de documentación.  

 

Normas de acceso

Acceso libre segundo o artigo 105.b) da Constitución española e gratuíto.

O dereito de acceso á información pode limitarse para aqueles documentos que conteñen datos ou información que, pola súa consulta pública, poidan lesionar os dereitos doutras persoas ou colectivos.

Para acceder á documentación, o usuario deberá poñerse en contacto co Arquivo a través do correo electrónico. Ademais, deberá facilitar documentación acreditativa (DNI, pasaporte...).