Menu toggle
Emprego
BannerPrende_seccion

 

PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL é unha aposta por un cambio no que vivir e traballar no rural é posible, podendo converterse nestes momentos nunha oportunidade para os mozos e mozas da provincia, e que non precisen emigrar a outra comarca ou pais, aproveitando as vantaxes dun mundo globalizado onde todo esta o alcance dun “CLICK”,  ademais estase a producir unha gran  transformación no mercado de traballo, desaparición de postos, robotización, novos perfís e cualificacións,...todo isto provoca unha  serie de cambios sociais e culturais, que conleva a un proceso de unificación dos modos de vida, así coma das pautas de desenvolvemento da vida cotiá que levan a valorar outros aspectos que xeren calidade de vida  tales como a xornadas continuas, teletraballo, redes sociais sen fronteiras, protección do  medio ambiente, sen perder a competitividade, a apertura da mente e a evolución pero dende a sostenibilidade.

Este programa encádrase dentro da convocatoria efectuada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública a través do Real Recreto 1234/2018, de 5 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidos a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor población no marco do “Programa Operativo de Empleo Juvenil del Fondo Social Europeo” (Axudas EMP-POEJ)  a través de catro medidas.

 

  • Medida 8.2.3.1, “ GENERATE TU EMPLEO EN EL RURAL”, medida de formación
  • Medida 8.2.3.3 “TU EMPLEO SOCIAL EN EL RURAL”, axuda o emprendemento individual
  • Medida 8.2.3.4 “ TU EMPLEO EN EL RURAL”, axuda os socios de economía social
  • Medida 8.2.4.2 “GENTE JOVEN EN EL RURAL”, axudas para a contratación por conta allea a empresas localizadas nalgún dos concellos do Anexo I.

Axenda emprego