Menu toggle
Infraestructuras

A Deputación fai un importante esfozo inversor para o mantemento integral de toda a rede viaria provincial, que con máis de 4.000 quilómetros é unha das máis extensas de España. O organismo provincial atende todo tipo de incidencias que se produzan nas súas estradas a calquera hora do día e calquera día do ano, dende as provocadas polas inclemencias meteorolóxicas, como nevadas e xeadas, ata desprendementos de terra ou danos provocados na vía por accidentes de tráfico.

Ademais, brinda ós Concellos a posibilidade de que asuman directamente a roza das estradas de titularidade provincial que pasan polo seu termo municipal. Para isto, asínanse anualmente os correspondentes convenios coas Entidades Locais que se sumen a esta iniciativa. No resto das estradas, a contratación dos traballos realízase directamente dende a Deputación.

Silos de sal


A Deputación dispón de 12 silos de sal situados nos Concellos de Becerreá, Cervantes, O Courel, A Fonsagrada, Lugo, Meira, Navia de Suarna, O Incio, Ourol, Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil e O Valadouro.

Estes silos, cunha capacidade de 35 toneladas cada un, empregáronse por primeira vez no inverno de 2007 para atender as inclemencias meterolóxicas, especialmente as derivadas das nevadas e xeadas e garantir a accesibilidade da rede viaria provincial.

O organismo abastece de sal estes silos que son empregados, segundo as necesidades, polos vehículos do Parque Móbil Provincial ou polas empresas adxudicatarias dos contratos de conservación e mantemento integral das estradas.

Roza de estradas provinciais


A Deputación brinda ós Concellos a posibilidade de que asuman directamente a roza das estradas de titularidade provincial dentro do seu termo municipal. Para isto, desde 2008 asínanse anualmente os correspondentes convenios coas Entidades Locais que se sumen a esta iniciativa.

Este é un novo sistema de Cooperación cos Concellos xa que a Deputación lles aboa unha cantidade por quilómetro e os municipios poden realizar os traballos de roza cos seus propios medios materiais e persoais ou contratalos directamente.

No resto das estradas, a contratación do desbroce realízaa directamente a Deputación.

Convenios Roza 2008
    

Plan de Conservación Integral da Rede Viaria


O Plan de Conservación e Mantemento Integral da rede viaria provincial atinxe a 4.199 quilómetros de estradas, que se dividen en 13 zonas.

Este Plan prima, por enriba de todo, a seguridade vial nas estradas das que é titular a Deputación.

Contempla as seguintes actuacións:

  1. Atención das incidencias as 24 horas. Aténdese calquera tipo de incidencia que se produza nas estradas provinciais, as 24 horas do día e os 365 días do ano, xa que as empresas adxudicatarias teñen disponibilidade permanente de medios persoais e materiais.
    As incidencias e emerxencias aténdense con asistencia e sinalización inmediata á solución do problema (limpeza de verquidos de gasoil e aceites, limpeza de restos de accidentes, desprendementos de terra ou rochas do talude de desmonte, derrumbamento de plataforma, limpeza de canos e embocaduras, retirada de árbores caídas sobre a estrada, limpeza de arrastre de terra e pedras, desaugue de zonas asolagadas, retirada de animais mortos por accidentes).
    Retirada de neve e aplicación de sal para a eliminación de placas de xeo.
    Ante calquera incidencia, os condutores poden dirixirse ós Concellos, Garda Civil, Protección Civil, a propia Deputación etc. O organismo correspondente ponse en contacto coa institución provincial para que se atenda o problema dun xetio inmediato.
     
  2. Eliminación de fochancas. O mantemento integral tamén inclúe a reparación de fochancas e blandóns.
  3. Melloras Puntuais. Movemento de terras para a mellora puntual de curvas, así como a apertura de cunetas en todos os treitos nos que se leve a cabo a mellora do firme.
    Rexeneración do firme en treitos continuos con degradación superficial.
  4. Obras de fábrica
    Obras de fábrica e drenaxe: reposición de taxeas e canos de desaugue deteriorados e construción de novos.
    Reconstrución de pequenos muretes afectados e colocación de tubos de drenaxe e cunetas de formigón nos treitos que o requiran.
  5. Mantemento e sinalización. Complementarase a sinalización vertical existente e a defensa con barreiras metálicas, e colocaranse ollos de gato e balizas de neve en estradas de montaña.
    Reparación de sinais deterioradas e colocación de novas.
    Reposición de treitos de bionda deteriorados e colocación de novos treitos.

 

TRECE ZONAS NAS QUE SE DIVIDE A PROVINCIA PARA A CONSERVACIÓN E MANTEMENTO INTEGRAL DA REDE PROVINCIAL DE ESTRADAS

Zona 1:
    Concellos: O Vicedo, Viveiro, Xove, Burela, Cervo e Ourol.
    Prezo de licitación: 848.946 euros (incluído IVE).
    Quilómetros: 287,452


Zona 2:
    Concellos: O Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada.
    Prezo de licitación: 828.240 euros (incluído IVE).
    Quilómetros: 297,837


Zona 3:
    Concellos: Mondoñedo, Abadín, A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.
    Prezo de licitación: 773.024 euros ( incluído IVE).
    Quilómetros: 324,357
   

Zona 4:
    Concellos: Meira, Ribeira de Piquín, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei e Rábade.
    Prezo de licitación: 883.456 euros ( incluído IVE).
    Quilómetros: 318,075
   

Zona 5:
    Concellos: Muras, Xermade, Vilalba, Guitiriz e Begonte.
    Prezo de licitación: 800.632 euros (IVE incluído).
    Quilómetros: 319,977
   

Zona 6:
    Concellos: Lugo, Guntín, Friol e Palas de Rei.
    Prezo de licitación: 786.828 euros ( IVE incluído).
    Quilómetros:367,874
   

Zona 7:
    Concellos: Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla.
    Prezo de licitación: 869.652 euros ( IVE incluído).
    Quilómetros:320,938
   

Zona 8:
    Concellos: A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
    Prezo de licitación: 800.632 euros ( IVE incluído).
    Quilómetros: 288,267
   

Zona 9:
    Concellos: Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita.
    Prezo de licitación: 842.044 euros ( IVE incluído).
    Quilómetros: 330,331
   

Zona 10:
    Concellos: O Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas do Sil.
    Prezo de licitación: 800.632 ( IVE incluído).
    Quilómetros: 316,447
   

Zona 11:
    Concellos: Monforte, Bóveda, Pobra do Brollón, Sober e Pantón.
    Prezo de licitación: 786.828 euros ( IVE incluído).
    Quilómetros: 369,501
   

Zona 12:
    Concellos: O Páramo, Portomarín, Sarriá, Paradela e O Saviñao.
    Prezo de licitación: 828.240 euros ( IVE incluído).
    Quilómetros: 327,688
   

Zonas 13:
    Concellos: Antas de Ulla, Monterroso, Taboada, Chantada e Carballedo.
    Prezo de licitación: 814.436 euros (IVE incluído).
    Quilómetros: 331,197

TOTAL: Concellos: 67
Prezo de licitación: 10.663.590 euros
Quilómetros: 4.199
Descarga do arquivo

Anuncio contratación obras - novembro 2008

Axenda Infraestructuras