Arturo Vaquero explicou na Deputación como crear unha paisaxe sonora
Arturo Vaquero explicou o concepto de paisaxe sonora e comentou como se xerou a idea de gravación deste CD, así como o proceso de selección de lugares e datas de captación de sons e a súa mestura ata obter o resultado final.
O CD inclúe sons identificativos de toda a provincia que, tras ser editados, son convertidos en música electroacústica que conforman as paisaxes sonoras. Así, podemos atopar neste traballo os sons das badaladas da Catedral da capital lucense; os grilos do estío; as fervenzas do Miño; o vento no Páramo; sons nunha granxa de Friol; a Lagoa de Cospeito ou do belén mecánico de Begonte.
A Deputación repartirá o CD Sons Terras do Miño polos centros educativos de toda a provincia para que poidan empregar este material divulgativo na organización de actividades centradas no medio ambiente.