Deputación de Lugo

As modalidades de “cestería de costelas de castiñeiro” e de “láminas de madeira” centrarán a temática dos próximos cursos de cestería que organiza o CENTRAD

Imaxe deputación de lugo
Os cursos impartiranse no obradoiro de cestería do río Rato

Esta fin de semana no obradoiro de Cestería do Paseo do Río Rato de Lugo impartirase o curso de “cestería de costelas de castiñeiro” que organiza o Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación de Lugo. Durante os días 17 e 18 de novembro os asistentes coñecerán esta técnica baseada na construcción de costelas de castiñeiro. O curso será impartido polo artesán Carlos Fontales e consta de 8 prazas. O programa inclúe a identificación e preparación de materiais e ferramentas, contrucción de aros de estrutura, inicio en rombo, elaboración de costelas e tecido e remate. Impartirase de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e está dirixido a aqueles profesionais relacionados coa artesanía, tales como cesteiros, floristas, profesionais do contorno, artesáns do téxtil, artista, creativos e ó público en xeral. Asemade, o día 19 de novembro dará comezo o obradoiro de “cestería de láminas de madeira” que se impartirá ata día 23 en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 20:00 horas. De luns a venres, os participantes deste curso coñecerán todo o relacionado coa identificación e preparación de materiais e ferramentas, conceptos xerais de uso e procendencia, traballo con láminas, así como elaboración de peza estándar. Este obradoiro é o penúltimo curso da programación de outono do CENTRAD. Está dirixido a todos os profesionais da cestería e conta con 8 prazas. O prezo da matrícula é de 40 euros. Os interesados poderán formalizar a inscripción ata dous días antes do comezo de cada curso curso a través do teléfono 982 21 00 66 ou do número de fax: 982 21 90 14.